luns, 30 de decembro de 2013

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Xaneiro 2014

2 xaneiro ,xoves (Especial Nadal): Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


10 de xaneiro, venres:  Conto + debuxo: “Aquí viviu o veciño de Valle-Inclán”, a cargo de Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


17 de xaneiro, venres: Contos “Historias de Maletra”, a cargo de Raquel Queizás

Sinopse:  É un contacontos co que viaxaremos polo  mundo adiante, coñecendo as diferentes culturas e costumes dos diferentes continentes. Incluíndo lendas e historias antigas que nos axudarán a redescubrir a nosa propia historia e cultura galega.
Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo





24 de xaneiro, venres:  Sesión de contos: “Contos vivos”, a cargo de A Asociación Os Carballiños





Sinopse:  O contacontos ten un chapeo moi especial, unha maleta divertida, con animais salvaxes e contos vivos, cheos de maxia e ilusión.

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo










30 de xaneiro, xoves: Taller de ilustración: “Era unha vez…a Ilustración”, a cargo de Patricia Rodriguez Saavedra (IMASV)



Sinopse: Contaráselle aos cativos como evolucionou a Ilustración ao longo da historia ata os nosos días.
Dende as primeiras miniaturas dos manuscritos ilustrados, pasando pola importancia de debuxar con texto, o movemento, as solapas, as texturas, o 3D, olores, sentidos, os audiolibros…, a cargo de Patrica Rodriguez Saavedra (IMASV)

Hora: De 12:00 a 13:00 h
Púbico destinatario:Alumnos de 1ro. de Primaria del CEIP A Laxe (Marín)
Lugar: Sala de obradoiros / Sala Infantil


30 de xaneiro, xoves: Faladoiro "A Ilustración Gráfica Hoxe en Galicia"

Participan  no diálogo: os ilustradores Marina Seoane —presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)—, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.
Modera: Henrique Torreiro.
Data:  30 de xaneiro,
Hora: de 18.30
Lugar: sala de obradoiros
Destinatarios: todos os públicos
Sinopse: de forma distendida e achegada ao público xeral, as intervencións buscarán expor a forma de traballar dos profesionais da ilustración, os retos aos que se enfrontan na actualidade e as perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular.


31 de xaneiro, venres: Obradoiro “Aproximación ao mundo da ilustración, a cargo de Oscar Villán



Sinopse: Charla sobre o traballo do ilustrador e do proceso de ilustración dun libro, tomando como referencia o traballo do autor; revisón do traballo de distintos ilustradores con traballos diverxentes; recomendación de libros
Público destinatario: Nenos e nenas de 8 a 12 anos        
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:30 a 19:30


Con inscripción previa, a partir do 13 de xaneiro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 plazas)

venres, 13 de decembro de 2013

Centro de interese para pais


Consulta o noso Centro de interese para pais e poderás encontrar intersantes suxestións que poden servir de complemento e axuda nos momentos de desorientación nos que todos os pais caemos ao enfrontarnos a algo tan transcendente como a educación dos nosos fillos. A temática é moi variada: bebes, adolestentes, familia, problemas, educación...






Narrativa de humor. Una boa selección para pasar un bo rato coa lectura

Unha boa selección para gozar coa lectura de obras de Gerald DurrelTom SharpeWoody AllenGroucho MarxChristopher MoorCastelao y Moliere, entre outros  destacados autores  da narrativa de humor. Disoponibles no 2do. andar, Sala de Préstamo da Biblioteca Pública de Pontevedra.









     

                                                                                            Centro de interese de narrativa de humor

xoves, 12 de decembro de 2013

Campaña "Libros solidarios. libros x sorrisos". CAMPAÑA SOLIDARIA DE REOLLIDA DE LIBROS

A Biblioteca Pública de Pontevedra inicia o luns 16 de decembro unha campaña solidaria de recollida de libros para conseguir o sorriso dun neno.

As persoas que desexen participar poden depositar os seus libros de lectura, para nenos de 0 a 14 anos, novos ou de segunda man en perfecto estado na sala infantil da biblioteca (1º andar).


Doar un libro é un pracer sobre todo se pode provocar o sorriso de dous neno, a do neno que o doa e a do neno que o recibe. O Nadal é tempo de compartir e se nos doas un libro farémosllo chegar a Caritas Interparroquial para facerllos chegar aos que máis o necesitan.


Nada nos gusta máis que facer sorrir a un neno ¡e así volverémolo facer!

Campaña “Libros solidarios. Libros por alimentos”. CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Como unha "Biblioteca quitapenas" máis na Biblioteca Pública dePontevedra, dende o próximo luns 16 de decembro de 2013 e ata o sábado 11 de xaneiro de 2014, "quitámosche as penas, e ti quítasllelas a outros". Farémolo coa posta en marcha da campaña "libros solidarios: Libros x alimentos" cambiando as sancións que contempla o noso regulamento, polos atrasos na devolución de libros e demais materiais, por produtos de primeira necesidade (alimentos non perecedoiros) que irándesinados ao Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra.

As sancións por atraso na devolución dos materiais levados en préstamo anularanse mediante a entrega polos usuarios de 1 quilo de alimentos non perecedoiros.

Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario, polo que invitamos a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da Biblioteca a sumarse a esta iniciativa, entregando tamén produtos de primeira necesidade xunto aos seus libors, DVs, Cds, etc.

A ONG Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra recollerá periodicamente os alimentos para a súa distribución entre os sectores de poboación máis afectados.

Con esta iniciativa a Biblioteca Pública de Pontevedra ao igual que outras moitas bibliotecas que apoiaron a iniciativa da Biblioteca Rexional de Murcia dende 2012 pretende facer unha chamada á solidariedade dos seus usuarios.

martes, 19 de novembro de 2013

Programación actividades decembro 2013

Do 2 ao 16 de decembro


Exposición “Roberto Vidal Bolaño” 


SinopseEsta exposición enmárcase no programa de actividades impulsado por Cultura e Educación para conmemorar as Letras Galegas 2013, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, e dá contada traxectoria de Vidal Bolaño mediante unha proposta de dez paneis que recollen a súa extensa obra con textos e imaxes dos seus espectáculos e personaxes, así como indicacións escenográficas e de dirección. Ten como obxectivo favorecer un maior coñecemento entre a cidadanía do autor, a través da súa escrita, da súa faceta interpretativa, do seu traballo como director  tamén da actividade desenvolvida no ámbito do audiovisual galego.


Datas do 2 ao 16 de decembro
Lugar: Sala de Exposición da Biblioteca Nodal de Pontevedra
Horario: - de luns a venres de 9:00 a 21:00 h.
               - sábados de 10:00 a 14:00 h.  





13 de decembro, venres.






Espectáculo: “Mario” a cargo de Matapiollos Teatro

Sinopse: Mario é un rapaz que sempre está aburrido pero, un bo día, chega a unha biblioteca na que pensaba entrar e saír a toda velocidade, pero alí atopa algo que esperta a súa interese, UN LIBRO MOI ESPECIAL que o vai levar por todo o mundo; por Francia, China, Rusia, Brasil.... sen moverse da sala de lectura.


Estamos ante un espectáculo que leva preto de dous anos funcionando e que trata de ANIMAR A LER A TÓDOLOS PEQUENOS ESPECTADORES

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:30
Lugar: Salón de actos

Entrada de balde, ata completar aforo




20 de decembro, venres.







Contacontos + debuxo: Un misterio do Nadal, a cargo de  Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora:  18:00 

Entrada de balde, ata completar aforo


26 de decembro, xoves.






Contacontos:  “Contos nas orellas” a cargo de Bea Campos (Migallas)

Sinopse: Divertida sesión de contos tradicionais e de autor para pasar un gran momento nas nosas vacacións de Nadal. Dichos, cancións e pequenos xogos tradicionais salpican todas a sesión de Nadal, que teñen como finalidade o goce da literatura por parte dos pequenos/as.


-A galiña roxa
-A granxa
-Cucú-tras
-O Sr. Croc

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


27 de decembro, venres.




Contacontos:  “Contos nas orellas” a cargo de Bea Campos (Migallas)

SinopseDivertida sesión de contos tradicionais e de autor para pasar un gran momento nas nosas vacacións de Nadal. Dichos, cancións e pequenos xogos tradicionais salpican todas a sesión de Nadal, que teñen como finalidade o goce da literatura por parte dos pequenos/as.


-Os tres porquiños
-O Homiño de mazapán
-Sacapenas
-Lúa

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


2 de xaneiro, xoves.




Contacontos:  “Contos nas orellas” a cargo de Bea Campos (Migallas)

SinopseDivertida sesión de contos tradicionais e de autor para pasar un gran momento nas nosas vacacións de Nadal. Dichos, cancións e pequenos xogos tradicionais salpican todas a sesión de Nadal, que teñen como finalidade o goce da literatura por parte dos pequenos/as. 


-Iyoké
-Chibos Chibons
-Cu cú tras da selva
-Martiño

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo

martes, 12 de novembro de 2013

Simposio "O futuro da biblioteca no entornó dixital"



http://www.editoresgalegos.org/es/actualidad/novas/amosar/id/4711


Este xoves, 14 de novembro, terá lugar décima edición do Simposio anual organizado pola Asociación Galega de Editores co patrocinio de CEDRO.  
Máis de 90 profesionais bibliotecarios, profesores, editores, etcétera, participarán na xornada que que versará sobre  O futuro da biblioteca no entorno dixital.  Colaboran o Consello da Cultura Galega, en cuxo auditorio ten lugar a actividade e a Secretaría Xeral de Cultura. 
O programa, que pode descargarse aquí: Simposio do Libro 2013, é o seguinte:

10:00 h. Inauguración. Presidente da AGE, Secretario Xeral de Cultura e representante Consello da Cultura Galega.

10:30 h. Conferencia inaugural: Jordi Permanyer i Bastardas, Gerent de Biblioteques da Diputaciò de Barcelona.
De 12:00 a 14:00 h. Panel de experiencias sobre bibliotecas de éxito. Interveñen:
* Cristina Novoa, Coordinadora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación. As bibliotecas escolares galegas no contexto da cultura dixital. Proxecto E-LBE.
* Mari Luz Corral, directora do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros.
* Catuxa Seoane, responsable de comunicación dixital e coordinadora das redes sociais da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.
* Francisco Domínguez, director da Biblioteca Penzol. Dixitalización para a investigación.
* Mª del Mar Larouba Sánchez, directora da Biblioteca Nodal Miguel González Garcés da Coruña.
De 16:30 a 18:00 h. Debate sobre a biblioteca e o entorno dixital. Interveñen:
* Celso Figueroa, director de Nube dixital. Libranda/Bibliotecas.
* Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria da USC.
* Elena Becerra, directora de Bibliotecas de Redondela.
* Miguel Ángel Calvo Lázaro, director Xeral de Xercode-Servizos Bibliotecarios.
De 18:15 a 19:30 h. Conferencia de peche: En defensa da biblioteca pública. Suso de Toro, escritor e profesor.»

sábado, 2 de novembro de 2013

Actividades Novembro. Biblioteca Pública de Pontevedra

Actividades Novembro  Biblioteca Pública de Pontevedra




Do 1 ao 15 de novebro continuamos con:

Exposición: "A biblioteca pública e as súas ferramentas de traballo: pasado presente e futuro"

Exposción: 
·    
     Do 1 ao 25 de novembro continuamos con:

     Mostra bibliográfica: “Historias de bibliotecas”,  na sala infantil


      
Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos@nenas a partir de 3-14 anos 
Hora: 16:00 - 21:00

8 de novembro, venres

Contacontos: “Animaliños”, a cargo de Eduvia (Vías para a Educación)




Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos@nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:00 (50`)

Sinopse: O duende Dada, deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos nos que os protagonistas son os animais. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector, así como o respecto pola natureza e o amor polos animais. O título desta contada homenaxea unha das obras de Roberto Vidal Bolaño.

Entrada de balde, ata completar aforo
·       

1    15 de novembro, venres

Obradoiro creativo “Arte nos libros! Con Velázquez, a cargo de Crearte Servizos Culturais S.L.




Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: Nenos@nenas de 5 a 10 anos
Hora: De 18:00 a 19:15
Sinopse: Imaxes proxectadas, lecturas e pequenas actividades conforman a dinámica destes obradoiros nos que os rapaces interpretan imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexión entre as artes visuais, a literatura, a historia e mesmo as matemáticas. Paixón pola arte e os libros!

Con inscripción previa, a partir do 4 de novembro
  • no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, 
  • no teléfono 986 85 08 38 ou 
  • na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 prazas)
Entrada de balde


·    22 de novembro, venres

Contacontos: Contos para bebés, a cargo de Pavís Pavós




Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Bebés (0-3 anos).
Hora: 18:00 (30’)

Sinopse:  Espectáculo de cantos, contos e arrolos para bebés

Con inscripción e recollida de invitación.
Inscripcións a partir do día 11 de novembro 

  • no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, 
  • no teléfono 986 85 08 38 ou 
  • na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 prazas)
As invitacións poden recollerse na 3ª planta polas mañás e na sala infantil polas tardes e sábados.
20 bebés, poden estar acompañados de dous adultos
Entrada de balde

·    
2    29 de novembro, venres

Obradoiro creativo para adultos “Recursos educativos na Internet para os meus fillos”, a cargo de IMASV




Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: Pais con fillos de entre 3 e 6 anos
Hora: De 18:00 a 19:30

Sinopse: Amosar aos pais os recursos gratuitos dispoñibles na Internet que poden ser de utilidade á hora de educar aos seus fillos. Estes recursos serán amosados por áreas temáticas educativas.

Con inscripción previa, a partir do 18 de novembro 
  • no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, 
  • no teléfono 986 85 08 38 ou 
  • na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 prazas)
Entrada de balde


Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués


                                                                   Clubs de Lectura

Club de lectura en portugués: 4 e 18 de novembro, de 
Club de lectura en galego: 4 e 18 de novembro
Club de lectura en castelán: todo-los mércores
Club de lectura en inglé:; 5 e 19 de novembro

Novembro 2013 - Maio  2014


Como cada ano, a Biblioteca Pública de Potevedra lanza o seu "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"




                                  "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura"

Durante todo o ano

Visitas a la Biblitoeca, previa concertación de cita.



A biblioteca pública e as súas ferramentas de traballo: pasado presente e futuro. Exposición



 Exposición: "A biblioteca pública e as súas ferramentas de traballo: pasado presente e    futuro"
  
       Lugar: Sala de exposicións   (Hall de entrada) do 24 de outubro-15 novembro


     El objeto de la exposición es dar a conocer al usuario el trabajo que hay antes de la puesta en las estanterías de los fondos de la biblioteca, es decir los procesos de selección, adquisición y catalogación de los fondos. Para ello lo que hemos hecho es exponer la evolución histórica de las herramientas que la biblioteca utiliza para desempeñara el proceso técnico de los fondos y las herramientas que presta al usuario para su localización desde el antiguo catálogo manual hasta el catálogo automatizado que nos permite navegar por red y sobrepasar las fronteras de la propia biblioteca.

    Presentamos la selección y adquisición como el proceso intelectual mediante el que se toma la decisión de incorporar nuevos fondos, y se exponen las fuentes utilizadas a lo largo de la historia (Recorriendo desde el papel hasta la consulta las herramientas 2.0 en la red los repertorios biográficos, catálogos de editoriales, recomendaciones para fondo fundacional de bibliotecas, ISBN, Bibliografía Nacional, blogs literarios, etc.)



      Acercamos al usuario también  una breve historia de los catálogos a los que se ha podido acceder en la Biblioteca de Pontevedra desde su creación en 1848, desde las primeras fichas manuales, con una caligrafía exquisita, pasando por la máquina de escribir, el ciclostil y la impresión matricial hasta llegar al catálogo en línea actual, ese que nos permite sobrepasar las fronteras de nuestra propia biblioteca.




     También tenemos en la exposición un apartado especial para las herramientas utilizada a la hora de plantear la extensión bibliotecaria, con actividades de animación a la lectura, clubs de lectura, talleres de creación, presencia en las redes (Facebook, Twuitter, Flirck, Pinterest,  Blogguer, etc.)