luns, 22 de xullo de 2013

Liberamos libros na biblioteca, no stand de bookcrossing

BookCrossing para martes 22 de xullo a partir das 12:00 horas no vestíbulo d# entrada da biblioteca pública no stand de Bookcrossing  

Un lugar llamado libertad / Ken Follet.
Ser mineiro do carbón na Escocia do século XVIII significaba servidume e sufrimento. Por iso, Mack McAsh enfrentouse o seu amo, obligandolle a fuxir. Para o xoven comenzou unha odisea, que levoulle a Londres e despois ás colonias de América del Norte, convertidas máis que nunca en esperanza de liberdade. Baixo a ropaxe dunha trepidante novela de acción na que afloran os mellores sentimentos, o amor, a xenerosidade, a entrega aos outros...

El escarabajo / Manuel Mujica Lainez.
El escarabajo é un talismán exipcio creado pola reina Nefertari, que conta a súa peripecia dende o Exipto de Ramsés II ata os nosos días, a través das personaxes por onde o seu talismán pasou.

Redoble por rancas / Manuel Scorza
No marco imponente dos vals andinos ten lugar a anécdota desta novela, primeira dunha serie de cinco que o autor chama "baladas" ou "cantares", centrada sobre as loitas dos campesinos contra o cerco dos grandes propietarios.

Escritos sobre la literatura y el arte / Lenin
Lenin incluiu nos seus análisis e loitas a literatura e a arte. Proclama a liberdade da creación literaria, que se nega a someter a unha dirección burocratica. Os artículos de Lenín van precedidos por unhas notas de Jean Fréville e por unha introducción na que explica os seus aspectos fundamentais.








Sala de consulta

Sala de consulta da Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Lecturas para nenos e nenas

Guía lectura infantil B. Pontevedra: "As vacacións de Saida", A sesta dos enormes", "Un desafío para el verano", "Un día en la playa"...

venres, 19 de xullo de 2013

Sala Infantil na Biblioteca de Pontevedra

Liberar libros ao mundo... bookcrossing

Na biblioteca de Pontevedra hai un espazo especialmente adicado ao bookcrossing, donde podedes recoller o libro que vos guste, para logo de leelo deixalo outra vez, daquela outras persoas poderán disfrutar tamén.







Temos usuarios que liberan os seus libros, para que outra xente poida disfrutalos... comparte cultura, comparte lectura, comparte amor polos libros ;)




Bookcrossing na Biblioteca Pontevedra

Liberamos libros o venres 19 de xuño



Xa sabedes que na biblioteca Antonio Odriozola temos un lugar especialmente adicado para liberar e compartir libros, hoxe  a partir das 10:00 horas no vestíbulo da entrada no stand de Bookcrossing

Las islas extraordinarias / Gonzalo Torrente Ballester
Un detective privado acepta o encargo de descubrir e desbaratar unha conxura que ameaza ao dtador dun minúsculo país formado por tres illas... este é o comezo da irónica fábula que se nos conta sobre o poder absoluto, ao que non escapaningún aspecto da sociedade militar, industrial, , cultural, sexual.

Los años indecisos / Gonzalo Torrente Ballester
Cara a 1930, cando o país está a punto de facerse republicano, un xoven galego busca inquietamente en qué emplear a súa vida. Soña con ser escritor, pero quedaráse en oscuro xornalista moi mal pagado... Só a súa decisisón final liberao de tanta mediocridade, en vísperas dun grande acontecimento político na España.

Historia de una cobardía / Graham Greene
Esta é a primeira novela de Graham Greene publicada en 1929, no mesmo tomo inclúense Expreso de Oriente de 1932, e Campo de Batalla de 1934.

El talento de Mr. Ripley / Patricia Highsmith
Quén é Tom Ripley? Un asasino? Un psicópata? A súa fria mirada agocha as máis terribles intencións e a súa mente calculadora maquina plans para escapar da policía. Recibiu o encargo de viaxar a Italia e convencer ao fillo dun adinerado empresario norteamericano para que volte á casa.

xoves, 18 de xullo de 2013

Fondo antigo na Biblioteca Pontevedra

Histoire des medailles ou introduction a le connaissance de cette science par Charles Patin. -- París : Chez Donato Donati, 1695.

Fondo antiguo



Tarefas de reconto na Biblioteca Antonio Odriozola. Consiste na comprobación, coa axuda do catálogo topográfico, da presencia dos libros na biblioteca, emprégase tamén para a realización de expurgos e as tarefas de conservación dos fondos

Recomendación de lecturas para os rapaces

A Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra elaborou esta guía de lectura para os nenos e nenas, podedes solicitar os libros na sala infantil, primeiro andar.

consulta a guía de lectura completa

Centro de interese sobre Galicia

Consulta as obras seleccionadas sobre Galicia, no segundo andar da Biblioteca Pública Antonio Odriozola en Pontevedra duranteo o verán 2013.




Sala de consulta

Aquí podes ver a Sala de consulta no terceiro andar da Biblioteca de Pontevedra. Materiais disponibles: atlas, dicionarios, manuais, enciclopedias, préstamo de portatiles, acceso a internet, etc.

mércores, 17 de xullo de 2013

Papiroflexia
8 a 12 anos
os mércores 7, 14, 21 e 28 agosto
11:00 a 12:30




Narración en curtas 
8 a 12 anos
os mércores 10, 17, 24, 31 de xullo
11:00 a 12:30




... E aquí o resultado to traballo dos nen@

Presntamos o vídeo "Historias para rodar" baseado na obra de Gianni Rodari "Contos por teléfono".

 

luns, 15 de xullo de 2013

Os nosos fondos


Entre os fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra  atópase a 1ª edición da obra de Rosalia de Castro "Cantares galegos". Este ano cúmprense 150 anos da súa edición.

                                         Cantares Gallegos / Rosalía Castro de Murguía
                                                      Vigo: Imp. De D. Juan de Compañel, 1863
                                                                           1ª ed.
                                                                            R-3580
                                            
                                               

martes, 9 de xullo de 2013

"Contos Creativos"

Hoxe, día 16 de xullo, creamos con "¿Onde está a Nariz de Pinocho?" de Carlos Cano.


                                                          ¿Onde está a nariz de Pinochio? / Carlos Cano.
                                                                                  Galaxia, 1999                                                                             
                                                                              RJ 833 CAN ond

Hoxe, día 9 de xullo, creamos con "Confundiendo historias" de Gianni Rodari.


Gianni Rodari ; ilustraciones Alesandro Sana
AZ 833 ROD con


Publicacións periódicas na Biblioteca Pública de Pontevedra

Parte do fondo antigo da biblioteca Antonio Odriozola o constitúen as publicacións periódicas anteriores a 1980. O acceso poderá estar limitado dependendo do seu estado de conservación e da existencia da edición dixital destas na dirección seguinte dirección:
www.csbo.org/prensagalega

Nalgúns casos, e sempre para a investigación acreditada, poderase acceder á súa consulta previa autorización da dirección do centro, sempre que non estea dispoñíbel a súa edición dixital.




venres, 5 de xullo de 2013

Liberamos libros no espazo adicado a bookcrossing da B.P. Pontevedra

"Dafne y ensueños" 



"Filomeno, a mi pesar" 


As dúas obras de Gonzalo Torrente Ballester, se liberan hoxe 5 xullo de 2013, a partir das 12:00 h. na zona habilitada para o bookcrossing da B.P. Pontevedra

Bookcrossing na Biblioteca Pública de Pontevedra

BookCrossing consiste na práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois deberán o mesmo. A idea é liberar libros "na xungla" para que sexan atopados por outras persoas.
Se alguén decide liberar un novo libro vía BookCrossing, deberá rexistralo para conseguir o código BCID (número de identificación de BookCrossing) que identificará o exemplar concreto na base de datos do sistema. Este número colócase no interior da cuberta, o bien se imprime unha etiqueta para que a persoa que o atopa entre na web de BookCrossing e  escriba un pequeno apunte para dar conta do achado e finalmente que solte de novo cando remate a lectura.
A biblioteca Pública de Pontevedra participa nesta iniciativa e organizou unha "Zona de cruce" na planta baixa, na entrada da biblioteca.







xoves, 4 de xullo de 2013

Os bolechas na praia...


Os bolechas descobren a natureza. A praia



Pepe Carreiro - A Nosa Terra, 2004
AZ 832 CAR pra

Unha familia, con algunha xentiña máis do que estamos
acostumados a ver. Eles, e nós, vivimos grandes aventuras
en pequeñas historias.

guía de lectura infantil recomendada

Libros infantís para o verán...


Pupi en la playa

Mª Menéndez-Ponte; Javier Andrade -SM, 2011 
RJ 833 MEN pup


Pupi nunca estivo na praia, por iso está emocionado
coa invitación para ir de vacacións xunto ao mar

mércores, 3 de xullo de 2013

Obradoiros de verán para rapaces na Biblioteca Pública de Pontevedra



Obradoiros infantís de verán 2013

Contos creativos
4 a 7 anos
os martes 9, 16, 23, 30 xullo
11:00 a 12:30

Contos en inglés
4 a 7 anos
os martes 6, 13, 20, 27 agosto
11:00 a 12:30

Narración en curtas
8 a 12 anos
os mércores 10, 17, 24, 31 de xullo
11:00 a 12:30

Papiroflexia
8 a 12 anos
os mércores 7, 14, 21 e 28 agosto
11:00 a 12:30

Información e inscrición na Biblioteca Pontevedra 986 850 833


"A la playa" recomendamos libros de lectura para os rapaces de infantil


A la playa

Thomas Docherty – Anaya, 2007
AZ 831 DOC ala

Se desexas ir á praia, precisas unhas gafas de buceo, un
cubo, unha pala, unhas aletas.. e non te esquezas  do máis importante: un amigo

consulta a guía de lectura completa

Guía de lectura infantil recomendada, verán 2013



luns, 1 de xullo de 2013

Fondos da biblioteca de Pontevedra



Ademáis de dispor dos primitivos fondos que proceden da Desamortización, a biblioteca incorporou ao longo da súa historia numerosas adquisicións, estas proveñen de adquisicións diversas, así se constítúe o fondo actualmente:
  • Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
  • Libros en homenaxe a Losada Diéguez
  • Biblioteca Muruais (1946), son obras francesas e inglesas sobre literatura e artes, principalmente do siglo XIX
  • Parte da biblioteca das irmáns Mendoza
  • Fondos da biblioteca do profesor Carlos Villar
  • Asemade, entre os seus fondos máis antigos, posúe dez incunables, vinte manuscritos e 1-849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII

Servizos da Biblioteca Pontevedra


  • Péstamo 
  • Préstamo de portatiles
  • Péstamo de e-books
  • Información bibliográfica
  • Internet/WIFI
  • Formación de usuarios; Animación á lectura; Extensión cultural
  • Clubs de lectura: galego, portugués; castelán; inglés; francés
  • Buzón de suxerencias
  • Reprografía
  • Información administrativa