Publicacións

Mostrando publicacións desta data: August, 2013

Video presentación dos obradoiros de verán na Biblioteca AntonioOdriozola

Biblioteca Antonio Odriozola

Obradoiro de animación a lectura. Xoves 29 de agosto de 11:00 a 12:00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra

Imaxe
A Cruz Vermella Xuventude durante o ano 2007 e 2008 traballou na creación do libro quitamedos  baixo o tìtulo “A Marca do cempés” e a partires do 2009 puxemos en marcha esta intervención en colexios de primaria e bibliotecas. Este libro pretende ser un recurso de axuda  para a comprensión da enfermedad e a hospitalización co fin de minimizar os temores á propia enfermidade. 




Desenvolvemento A intervención consta de dúas horas cheas de actividades relacionadas  coa lectura da historia "A Marca do cempés".
Resumo da historia O libro conta a historia dun neno chamado Breixo, doente de apendicite e como ingresa no hospital para operarse. 
Trala anestesia o neno ten un soño que pretende ser unha metáfora da intervención cirúrxica. O nexo de unión entre o soño e a realidade será a marca do cempés (cicatriz da operación e protagonista da historia). No soño, uns cempés escollen a Breixo, por ser o posuidor da marca do cempés, para atopar un tapón que ensombrece o seu mundo.…

Actividades setembro 2013

Imaxe
13 de setembro, venres. Obradoiro “Creatividade literaria”, a cargo Luis Vallecillo
Crearemos un conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias adaptadas ás idades dos participantes. Co fin de que non se perda ningunha das ideas dos cativos axudaremonos dun proxector de tal maneira que quede reflexada nunha pantalla en todo momento a creatividade que levan dentro.
Hora: 18:00 Lugar: Sala de obradoiros Público destinatario: Nenos e nenas de 3 a 12 anos Con inscripción previa, a partir do 2 de setembro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (25 plazas)


20 de setembro, venres. Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos
Lugar: Sala infantil Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo



20 de Setembro, venres. Presentación do libro: Triste Escarlata de Marcus Cabada

Lugar: Salón de Actos Hora: 19:30 Entrada de balde, ata compl…

Tutoriais

Tutorial de consulta do catálogo en línea (OPAC) da Biblioteca
Se queres saber como buscar no catálogo da biblioteca, aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago  e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da  Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).
http://youtu.be/32pM2EwDpN

Tutorial para renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca

Se queres saber como renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago  e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da  Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).

http://youtu.be/7yGQt8NtL7Y

Obradoiro "Narración en curtas"

Unha mostra dos resultados do traballos dos nen@s  de 9 a 12 anos no obradoiro de "Narración en curtas":

         "Historias para rodar" corto baseado no libro de Gianni Rodari "Contos por teléfono".


"Confundindo historias"


 "Tonino o invisible"

Novidades - Verán 2013

Imaxe
Novidades ingresadas nos fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra duranteo o verán 2013:




NOVEDADES INFANTIL - verán, 2013


NOVIDADES ADULTOS - agosto, 2013

Dossier de prensa (agosto, 2013)

Imaxe
Repercusión na prensa escrita do 15 de agosto de 2013, "La Voz de Galicia", "Diario de Pontevdra" e "Faro de Vigo" (ed. Pontevedra  da exposición  "As Festas da Peregrina nos fondos da Biblioteca. 1884-1979", na que se  expón unha selección de programas, pregóns e carteis, desde 1884 a 1979, que poderá verse na Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra do 9 ó 31 de agosto de 2013, de 08:00 a 14:30, para contribuír á celebración das Festas da Peregrina.



Un siglo de costumbres festivas : una exposición reúne en la Biblioteca una selección de carteles y programas de la peregrina entre 1884 y 1979 / María Conde "La Voz de Galicia", 15 se agosto de 2013


Exposición de cartele, programas y pregones de la semana grande                                    "Faro de Vigo" (ed. Pontevedra)", 15 de agosto de 2013



Todo o que pinta a Peregrina : A Biblioteca Antonio Odriozola expon carteles das festas de 1884 de 1979 / Belén…

Bookcrossing hoxe martes 16 agosto ás 14:00

Imaxe
Plantas de interior: 250 trucos / Carlos Herrera Consellos imprescindibles para conservar as prantas de interior en perfecto estado




Las sandalias del pescador / Morris West En plena guerra fría, Cirilo Lakota, de orixe eslavo, é elixido Papa. Un único tema parece preocupar á Igrexa: a renovación, o constante debate das súas ideas. A posibilidade dunha terrible fame se cerne sobre o pobo ruso, e con ela o perigo de invasión dos países veciños e, quizais, un enfrontamento armado coas potencias occidentais. Nesta obra fascinante -levada ao cinema con Anthony Quinn no papel protagonista-, ademais de contarnos unha historia extraordinaria, Morris West convídanos a reflexionar sobre o sentido da xustiza, tanto a terrea como a divina. As sandalias do pescador é a novela coa que o consagrado autor australiano inicia a triloxía do Vaticano, que continúa cos bufóns de Deus e culmina con Lázaro. Escrita fai máis de trinta anos, converteuse nunha profecía unha década e media máis tarde, coa elecci…

As Festas da Peregrina no pinterest da biblioteca de Pontevedra

Imaxe
No pinterest da biblioteca podedes ver algúns dos carteis e programas das Festas da Peregrina 



Obradoiros creativos na Biblioteca

Imaxe
Contos creativos
4 a 7 anos
os martes 9, 16, 23, 30 xullo
11:00 a 12:30

Contos en inglés
4 a 7 anos
os martes 6, 13, 20, 27 agosto
11:00 a 12:30

Narración en curtas
8 a 12 anos
os mércores 10, 17, 24, 31 de xullo
11:00 a 12:30

Papiroflexia
8 a 12 anos
os mércores 7, 14, 21 e 28 agosto
11:00 a 12:30

Información e inscrición na Biblioteca Pontevedra 986 850 833

Sala de consulta

Presentamosvos a Sala de consulta da Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Bookcrossing na Biblioteca de Pontevedra

Imaxe
BookCrossingconsiste na práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois deberán o mesmo. A idea é liberar libros "na xungla" para que sexan atopados por outras persoas. Se alguén decide liberar un novo libro vía BookCrossing, deberá rexistralo para conseguir o código BCID (número de identificación de BookCrossing) que identificará o exemplar concreto na base de datos do sistema. Este número colócase no interior da cuberta, o bien se imprime unha etiqueta para que a persoa que o atopa entre na web de BookCrossing e  escriba un pequeno apunte para dar conta do achado e finalmente que solte de novo cando remate a lectura. A biblioteca Pública de Pontevedra participa nesta iniciativa e organizou unha "Zona de cruce" na planta baixa, na entrada da biblioteca.

Fondos da Biblioteca de Pontevedra

Ademáis de dispor dos primitivos fondos que proceden da Desamortización, a biblioteca incorporou ao longo da súa historia numerosas adquisicións, estas proveñen de adquisicións diversas, así se constítúe o fondo actualmente: Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección SampedroLibros en homenaxe a Losada DiéguezBiblioteca Muruais (1946), son obras francesas e inglesas sobre literatura e artes, principalmente do siglo XIXParte da biblioteca das irmáns MendozaFondos da biblioteca do profesor Carlos VillarAsemade, entre os seus fondos máis antigos, posúe dez incunables, vinte manuscritos e 1-849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII

Servizos da Biblioteca de Pontevedra

Péstamo Préstamo de portatilesPéstamo de e-booksInformación bibliográficaInternet/WIFIFormación de usuarios; Animación á lectura; Extensión culturalClubs de lectura: galego, portugués; castelán; inglés; francésBuzón de suxerenciasReprografíaInformación administrativa

Centro de interese Coñece Galicia

Imaxe
Podedes atopalo no 2º andar na sala préstamo da Biblioteca. 
Consulta o tableiro en pinterest.



Guía Monografías temática Audiovisuais ambientados en Galici Novela ambientada en Galicia




As festas de Pontevedra nos Fondos da Biblioteca. Exposición Bibliográfica.

Imaxe
Agosto trae as Festas da Peregrina, a semana grande de Pontevedra,  na honra da Patroa da cidade, de toda a provincia e do Camiño Portugués a Santiago.
Dende hai anos, durante varios días a cidade é un fervedoiro de xente, e a música e a animación enchen as prazas do centro histórico que se converten no escenario perfecto para concertos e espectáculos diversos: feira taurina, Batallas das Flores, actos relixiosos…
E para contribuír á celebración destas festas a Biblioteca  Pública de Pontevedra expón unha selección de programas, pregóns e carteis,  desde 1884 a 1979, que poderá verse  na Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra do 9 ó 31 de agosto de 2013, de 08:00 a 14:30, e que nos permiten coñecer como se celebraron estas festas ao longo dos anos:
DIANAS E ALBORADAS VOADORES DE FANTASÍA VÉSPERAS RELIXIOSAS ILUMINACIÓN Á VENECIANA GRAN CONCURSO DE VESTIDOS A CATRO PESETAS CINEMATÓGRAFO PÚBLICO SEMANA DE AVIACIÓN REGATAS E CUCAÑAS GRAN RETRETA GRAN VERBENA D…

Horario de verán na biblioteca

Imaxe
xullo e agosto- na Biblioteca Pública de Pontevedra


Luns a venres de 8:30 a 14:30 Infantil de 9:00 a 14:30
o mostrador de préstamo pechará 10 minutos antes

Historia da biblioteca

Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos antigos fondos de varios mosteiros. Pasou polos edificios do Instituto Provincial, colexio da Compañía, Palacio Provincial, arquivo de Facenda e o Instituto de Ensinanza Media.
En 1960 trasládase ao Paseo de Colón, compartindo espazo co Arquivo Histórico. En 1988 trasládase en á rúa Alfonso XIII, nº 3, lugar que hoxe ocupa.


Ademais dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.
Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección SampedroLibros en homenaxe a Losada DiéguezBiblioteca Muruais (1946), de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIXParte da biblioteca das irmáns MendozaFondos da Biblioteca do profesor Carlos VillarAsí mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e 1.849 libro…

Liberamos libros: Bookcrossing

Imaxe
Hoxe venres 8 agosto liberamos os seguintes libros a partir das 12:00 horas no vestíbulo da entrada da biblioteca pública, no stand de Bookcrossing 
Vida perdida / Ernesto Cardenal Vida perdida é a autobiografía de Ernesto Cardeal. Soado principalmente pola súa obra poética e pola súa actividade política no sandinismo, Cardeal relata aquí outros aspectos non menos reveladores pero si peor coñecidos da súa vida: a súa infancia e adolescencia nunha Nicaragua á vez ridícula e marabillosa, os seus primeiros amores, os seus primeiros poemas, a súa entrada no mundo literario, a súa experiencia na orde trapense con Thomas Merton, entrelazado todo iso coa perspectiva que lle dan os anos de madurez.


Sonata de Primavera. Memorias del Marqués de Bradomín / Ramón del Valle-Inclán
Valle-Inclán creó el personaje de un noble aventurero español de comienzos del siglo XIX, en la tradición de Don Juan, Casanova o el Childe Harold byroniano. En el fondo de su fantasía late la naturaleza española barroca …

Así eran as festas en Pontevedra no ano 1911

Imaxe
Programa de festas de agosto de 1911, que se celebraron durante os días 12 ao 28.
Día 12
Comezaba o día con salvas ás 7.00 da mañá con 21 bombas anunciando o comezo das festas. As bandas de música, cornetas e gaitas recorren a cidade tocando Dianas e AlboradasÁs 12.00 da mañá as campadas dos templos e o disparo de 21 bombas anunciaban a chegada ao santuario da Carroza da Virxe, precedida por unha banda de música seguida de xigantes e cabezudosPola tarde ás 5 vísperas relixiosas na Peregrina e ás 9.00 da noite verbena con iluminación das prazas da Peregrina e Constitución. Música e gaitas amenizan, e elevaranse fantásticos globosDía 13 Procesións de romeros e función relixiosaConcerto a cargo da Banda Municipal Corrida de toros cos diestros Manolete e Chiquito de Begoña coas correspondentes cuadrillasProcesión da VirxeBailes ás 11.00 da noite nas sociedades "Liceo Casino", "Gimnasio" e "Recreo de Artesanos"  Día 14
Concerto na Alameda ás 12.00"Iluminación…

Pontevedra en festas. Semana grande. Festas da Peregina 2013

Imaxe
PROGRAMA DAS FESTAS DA PEREGRINA 2013


Sábado 10 de agosto de 2013
12:00 Horas:  Lectura do pregón a cargo da actriz Andrea Bayer desde a balconada do Pazo de Mugartegui e foguete de inicio das festas 12:30 Horas: Pasarrúas, con: Algueirada, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Recordos da Nosa Terra, Os de Algures, Duos Pontes e Celme. 12:45 Horas: Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de Mugartegui ata o santuario da Virxe Peregrina. 13:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles 13:15 Horas: Actuacións nas prazas do centro histórico:  Algueirada, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Recordos da Nosa Terra, Os de Algures e Celme. 14:00 Horas: Entrega dos premios Amigos de Pontevedra 18:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles 22:30 Horas: Concerto de Mago de Oz + Qué desilusión! > Praza de España ¡Maís Info! 22:45 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Avenida Dance e Nuevo Ritmo 24:00 Horas: Fogos de artificio n…

Obradoiro de "Papiroflexia"

Imaxe
Mércores7 de agosto traballamos con "Siete ratones ciegos" de Ed Young no noso obradoiro de "Papiroflexia".






Mércores 14 de agosto de 2013 (2ª sesión)

Imos crear e decorar postais, felicitacións de aniversario e tarxetas despregables,que ao abrilas liberan figuras tridimensionái. Os nenos e nenas empregarán as técnicas do origami e kirigami (implica o cortado de papel para a creación das tarxetas 3D) para realizar esta actividade.










Mércores 21 de agosto de 2013 (3ª sesión)

Imos crear figuras de papel para a dramatización de contos. Os nenos e nenas divididos en dous grupos interpretarán/dramatizarán dúas versións diferentes do mesmo conto: “A ratiña fachendosa”, empregando como guiñolas figuras de papel creadas previamente (cada grupo representará unha versión diferente do conto).


Mércores 27 de agosto de 2013 (4ª sesión)
Imos construir un móvil de origami: incluiremos as figuras clásicas de papel, o barquiño tradicional, e a paxariña tradicional, entre outras…


<E…

Obradoiro "Papiroflexia"

Imaxe
Papiroflexia
8 a 11 anos  Mércores, 7, 14, 21 e 28 de agosto De 11:00 a 12:30




Se queres ver os traballos  relizados polos  nenos e nenas participantes no obradoiro de papiroflexia deste verán pasate pola Sala de exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedrs do 3 ao 7 de setembro de 9:00 a 21:00 h. e elmsábado de 10:00 a 14:00 h. e podras gozar deles.

"O dragón Dragán e as naves espaciáis"

Vídeo do conto escrito e ilustrado polo nen@s de 4 a7 anos participantes no obradoiro de verán "Contos creativos" realizado na Biblioteca Pública de Pontevedra o pasado mes de xullo.

"O dragón Dragán e as naves espaciáis"

Obradoiro "Contos en Inglés"

Imaxe
No obradoiro imos traballar coa obra de Eric Carle ( Siracusa, Nova York - 25 de xuño de 1929 ) é un autor e ilustrador de máis de setenta libros infantís. É coñecido sobre todo por "A oruguita glotona", un volume desplegable e tradeado que converte o libro en xoguete e dá forma autónoma á trama narrativa. Carle posúe unha técnica moi reconocible, que podería definirse como «collage impresionista», coas figuras case sempre recortadas sobre fondo branco.



Se queres coñecer a obra de Eric Carle en ínguas accede á seguinte ligazón:

List of Eric's Books

Martes 6 de agosto "Contos en inglés"
 Hoxe traballamos con:
The Very Hungry Caterpillar  Eric Carles





Martes 13 de agosto "Contos en inglés" Hoxe traballamos con: 

From Head to Toe                                                                                     Eric Carle 
Martes 20 de agosto "Contos en Ingles" Hoxe traballamos con:

Brown Bear, What Do You See                                         …