martes, 13 de agosto de 2013

Bookcrossing na Biblioteca de Pontevedra

BookCrossing consiste na práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois deberán o mesmo. A idea é liberar libros "na xungla" para que sexan atopados por outras persoas.
Se alguén decide liberar un novo libro vía BookCrossing, deberá rexistralo para conseguir o código BCID (número de identificación de BookCrossing) que identificará o exemplar concreto na base de datos do sistema. Este número colócase no interior da cuberta, o bien se imprime unha etiqueta para que a persoa que o atopa entre na web de BookCrossing e  escriba un pequeno apunte para dar conta do achado e finalmente que solte de novo cando remate a lectura.
A biblioteca Pública de Pontevedra participa nesta iniciativa e organizou unha "Zona de cruce" na planta baixa, na entrada da biblioteca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...