luns, 30 de decembro de 2013

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Xaneiro 2014

2 xaneiro ,xoves (Especial Nadal): Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


10 de xaneiro, venres:  Conto + debuxo: “Aquí viviu o veciño de Valle-Inclán”, a cargo de Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


17 de xaneiro, venres: Contos “Historias de Maletra”, a cargo de Raquel Queizás

Sinopse:  É un contacontos co que viaxaremos polo  mundo adiante, coñecendo as diferentes culturas e costumes dos diferentes continentes. Incluíndo lendas e historias antigas que nos axudarán a redescubrir a nosa propia historia e cultura galega.
Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo





24 de xaneiro, venres:  Sesión de contos: “Contos vivos”, a cargo de A Asociación Os Carballiños





Sinopse:  O contacontos ten un chapeo moi especial, unha maleta divertida, con animais salvaxes e contos vivos, cheos de maxia e ilusión.

Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo










30 de xaneiro, xoves: Taller de ilustración: “Era unha vez…a Ilustración”, a cargo de Patricia Rodriguez Saavedra (IMASV)



Sinopse: Contaráselle aos cativos como evolucionou a Ilustración ao longo da historia ata os nosos días.
Dende as primeiras miniaturas dos manuscritos ilustrados, pasando pola importancia de debuxar con texto, o movemento, as solapas, as texturas, o 3D, olores, sentidos, os audiolibros…, a cargo de Patrica Rodriguez Saavedra (IMASV)

Hora: De 12:00 a 13:00 h
Púbico destinatario:Alumnos de 1ro. de Primaria del CEIP A Laxe (Marín)
Lugar: Sala de obradoiros / Sala Infantil


30 de xaneiro, xoves: Faladoiro "A Ilustración Gráfica Hoxe en Galicia"

Participan  no diálogo: os ilustradores Marina Seoane —presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)—, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.
Modera: Henrique Torreiro.
Data:  30 de xaneiro,
Hora: de 18.30
Lugar: sala de obradoiros
Destinatarios: todos os públicos
Sinopse: de forma distendida e achegada ao público xeral, as intervencións buscarán expor a forma de traballar dos profesionais da ilustración, os retos aos que se enfrontan na actualidade e as perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular.


31 de xaneiro, venres: Obradoiro “Aproximación ao mundo da ilustración, a cargo de Oscar Villán



Sinopse: Charla sobre o traballo do ilustrador e do proceso de ilustración dun libro, tomando como referencia o traballo do autor; revisón do traballo de distintos ilustradores con traballos diverxentes; recomendación de libros
Público destinatario: Nenos e nenas de 8 a 12 anos        
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:30 a 19:30


Con inscripción previa, a partir do 13 de xaneiro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 plazas)

venres, 13 de decembro de 2013

Centro de interese para pais


Consulta o noso Centro de interese para pais e poderás encontrar intersantes suxestións que poden servir de complemento e axuda nos momentos de desorientación nos que todos os pais caemos ao enfrontarnos a algo tan transcendente como a educación dos nosos fillos. A temática é moi variada: bebes, adolestentes, familia, problemas, educación...






Narrativa de humor. Una boa selección para pasar un bo rato coa lectura

Unha boa selección para gozar coa lectura de obras de Gerald DurrelTom SharpeWoody AllenGroucho MarxChristopher MoorCastelao y Moliere, entre outros  destacados autores  da narrativa de humor. Disoponibles no 2do. andar, Sala de Préstamo da Biblioteca Pública de Pontevedra.









     

                                                                                            Centro de interese de narrativa de humor

xoves, 12 de decembro de 2013

Campaña "Libros solidarios. libros x sorrisos". CAMPAÑA SOLIDARIA DE REOLLIDA DE LIBROS

A Biblioteca Pública de Pontevedra inicia o luns 16 de decembro unha campaña solidaria de recollida de libros para conseguir o sorriso dun neno.

As persoas que desexen participar poden depositar os seus libros de lectura, para nenos de 0 a 14 anos, novos ou de segunda man en perfecto estado na sala infantil da biblioteca (1º andar).


Doar un libro é un pracer sobre todo se pode provocar o sorriso de dous neno, a do neno que o doa e a do neno que o recibe. O Nadal é tempo de compartir e se nos doas un libro farémosllo chegar a Caritas Interparroquial para facerllos chegar aos que máis o necesitan.


Nada nos gusta máis que facer sorrir a un neno ¡e así volverémolo facer!

Campaña “Libros solidarios. Libros por alimentos”. CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Como unha "Biblioteca quitapenas" máis na Biblioteca Pública dePontevedra, dende o próximo luns 16 de decembro de 2013 e ata o sábado 11 de xaneiro de 2014, "quitámosche as penas, e ti quítasllelas a outros". Farémolo coa posta en marcha da campaña "libros solidarios: Libros x alimentos" cambiando as sancións que contempla o noso regulamento, polos atrasos na devolución de libros e demais materiais, por produtos de primeira necesidade (alimentos non perecedoiros) que irándesinados ao Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra.

As sancións por atraso na devolución dos materiais levados en préstamo anularanse mediante a entrega polos usuarios de 1 quilo de alimentos non perecedoiros.

Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario, polo que invitamos a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da Biblioteca a sumarse a esta iniciativa, entregando tamén produtos de primeira necesidade xunto aos seus libors, DVs, Cds, etc.

A ONG Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra recollerá periodicamente os alimentos para a súa distribución entre os sectores de poboación máis afectados.

Con esta iniciativa a Biblioteca Pública de Pontevedra ao igual que outras moitas bibliotecas que apoiaron a iniciativa da Biblioteca Rexional de Murcia dende 2012 pretende facer unha chamada á solidariedade dos seus usuarios.