Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2014

Recursos para pais con nenos entres 3 e 6 anos en EDUGAL

Imaxe
XOVES 27 DE FEBREIRO DE 2014. Taller de Recursos para pais con nenos entres 3 e 6 anos
As 17:30 h. no Recinto Ferial de Pontevedra en EDUGAL 2014 : SALÓN DE OFERTA DE FORMACIÓN E EDUCACIÓN, a cargo de IMASV, MEDRANDO A PAR e a colaboración da BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA
A actividades iniciarase cunha breve exposición por parte dun profesional especializado no traballo directo con familias e nenos, expoñendo pautas para un uso axeitado das novas tecnoloxías na infancia.
por outro lado tratarase de facilitar, explicar e amosar o seu uso, cunha relación seleccionada por temas dos recursos (específicos para PC e para nenos entre 3 e 6 anos) gratuítos dispoñibles na Internet que poden ser de utilidade á hora de educar aos seus fillos.
As temáticas a tratar son: INICIO AO RATO, NÚMEROS, ESCRIBIR, MÚSICA, IDOMAS, RECURSOS PARA PAIS e LIGAZÓNS XERAIS.
Porase un stand facilitado pola Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola" con libros relacionados coas temáticas anteriores,…

Mesa redonda "Tour Pequeños Editores. Primavera 2014"

Imaxe
"Tour Pequeños Editores. Primavera 2014". 

Cociña, ratos, cultura e emocións nos álbums ilustrados.

Mesa redonda organizada por LIBRARÍA SEIJAS cos editores "A Bueno Paso", "Ekaré" e "Thule".

Un aperitivo do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra dedicado á cociña nos libros.

Data: 4 de marzo, ás 18:30 h.
Lugar: Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Marzo 2014. Adultos.

Imaxe
Ver blog

Animación a Lectura

"Pasaporte da lectura das letras galegas". Do 1 defebreiro ata o 15 de maio
¿Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2014”? É unhaactividadedirixidaós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

¿Que teño que facer? Lercatro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de/ou sobre autores homenaxeadosnas diferentes edicións do día das letras galegas.

¿Canto dura a actividade? Dende o 1 de febreiro ata o 15 de maio.

¿Que fago cando complete o "pasaporte"? Unha vez completado pasaporte cosseloscorrespondentes, depositaránsenafurnasituada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.
¿Cantos pasaportes podo completar? Non hai número limitado de pasaportes.
¿Ler ten premio? Sí, entre os participantes n

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Marzo 2014. Infantil.

Imaxe
7 de marzo, venres: "En Macondo non paraba de chover" Contos + debuxo, a cargo de Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala infantil Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo













Obradoiro de animación a lectura. Descubre o Tesodo dos Contos. 2º e 4º sábado dos meses de febfreiro, marzo e aril, de 12 a 13 h. Este mes os días 8 e 22 de marzo
Apetéceche que che conten un conto? 

Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do río e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os  contos  das leiras e  montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...
Se tés entre 6 a 9 anos, embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril  o 2º e  4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.
Datas:8 e 22 de marzo Lugar: sala de obradoir…

XV Salón do Libro Infantíl e Xuvenil de Pontevedra

Imaxe
Cociñando Contos, 15 edición do Salón del libro Infantil e Xuvenil de Pontecvedra, do 14 de marzo ao 5 de abril.
A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.





 PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
 PARA MÁIS INFORMACIÓN PODES CONTACTAR con:
 609 688 795
 salondolibro@salondolibro.org
 986 833 061
 Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra


Nova etapa dos clubs de lectura (Marzo - Xuño de 2014)

Imaxe
A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha unha nova etapa dos clubs de lectura (Marzo - Xuño de 2014)
 Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, GALEGO, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.
- Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h)   Coordinadora: Patricia Saavedra. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.
 - Club de lectura en Portugués  (luns alternos de 18:00 a 19:00 h)   Coordinadora: Marta Isabela Bogado. Datas: 10 e 24 de marzo; 7 e 21 de abril; 5 e 19 de maio; 2 e 16 de xuño.     - Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.)    Coordinador: Victor Machín. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.
 - Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h)    Coordinador: Santiago Eizaguirre. Datas: …

Obradoiro para adultos: Iniciación á informática "Síntete cómodo co PC"

Imaxe
Hoxe as 18:00 h continuamoes co obradoiro de informática para adultos coa unidade didáctica 3, Correo Web

1. CONCEPTOS BÁSICOS

2. CREACIÓN DUNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO

3. ESTRUTURA BÁSICA DUN CORREO ELECTRÓNICO

4. ENVIO E RECEPCIÓN DE MENSAXES

5. ACHEGAR UN DOCUMENTO

6. VISITA Á WEB DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS
O martes 11 de febrero de 2014 de 18:00 a 19:30 Duración 90 mn.
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra



7 de febreiro, venres: Contos + debuxo: “Mil millóns de vacas”, a cargo de Polo Correo do Vento

Imaxe
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo





Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Febreiro 2014

Imaxe
7 de febreiro, venres:  Contos + debuxo: “Mil millóns de vacas”, a cargo de Polo Correo do Vento Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala infantil Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo





14 de febreiro, venres: Contos / Obradoiro “A ciencia é divertida”, a cargo de Ana Romero Porto
Sinopse: Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade, xa que todo é novo para nós, por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que nenos/as aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos /as ainda o están descubrindo. ¡Deixémoslles experimentar!. Público destinatario: Nen@s de 3 a 6 anos            Lugar: Sala infantil Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo
21 de febreiro, venres (Día Internacional da Lingua Materna): Contos “Contos de sobremesa”, a cargo de Pablo Sánchez Pérez “Os Contos de Pablísimo”
Sinopse:  ¡É incrible a cantidade de historias que caben sobre unha mesa!. Espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e …