luns, 31 de marzo de 2014

Actividades abril 2014. Biblioteca Púbica de Pontevedra. Adultos.

*Animación a Lectura

"Pasaporte da lectura das letras galegas". Do 1 de febrero ata o 15 de maio
Unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Lectura de alomenos catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de/ou sobre autores homenaxeados nas diferentes edicións do día das letras galegas. Unha vez completado o pasaporte cos  selos correspondentes, depositaránse na furna situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público de tres lotes de libros entre os pasaportes recibidos. 

Os venres do 4, 11, 18 e 25 de abril de 19:44 a 20:45 h. "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra. Sala de obradoiros. 


*Efemérides: Día do Libro

-Día 23 de abril: Agasallarase os usuarios que leven libros en préstamo cun pequeno detalle

-Día25 de abril: ¿Debo contarle contos o meu fillo? Cales?, conferencia a cargo de Marié de Uña( Psicóloga Psicoterapeuta). Sala de obradoiros as 19:00 h.


*Centros de Interese

-Faino ti!. Ata o 19 de abril. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.

-Xardineria: 11 abril-2 maio. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.


-Filosofia e revolución: 21 abril-27 abril. Sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.


*Presenza da Biblioteca nos actos culturais da cidade

-XXXI Semana Galega de Filosofía : Filosofía e Revolución. Pontevedra do 21 ao 25 de abril de 2014.

A biblioteca participará na XXXI Semana Galega da Filosfía cun stand no que se presentarán algúns dos seus fondos de filosofía. Teatro Principal do 21 ao 25 de abril de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 21:00.


*Conferencias/Obradoiros

-Día 1 de abril. Charla/obradoiro : "Iniciación ao Patchwork", a cargo de Beatriz Feijoo. Sala de obradoiros as 18:00 h.

-Día 24 de abril. Obradoiro na sala de obradoiros: “Qué no te tomen el pelo con teléfono!". Cómo reclamar cuando tenemos un problema con las operadoras de telefonía”,  obradoiro a cardo de ADICAE. Sala de obradoiros as 18:00 h.

Día25 de abril: Debo contarlle contos ao meu fillo? Cales?", conferencia a cargo de Marié de Uña (Psicóloga Psicoterapeuta). Sala de obradoiros as 19:00 h



*Exposicións
      
Do 26 de marzo ao 14 de abril: "Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz"Letras Galegas 2014.
Exposición Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con Galaxia/Merlín Comunicación, Nimbos de luz percorrerá Galicia ao longo de 2014 para dar a coñecer a vida e a obra de Díaz Castro.

Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., sábados de 10 a 14 h.

Marzo-xuño de 2014: Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués

- Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h). Coordina Patricia Saavedra. Datas: 8 e 22 de abril.

 - Club de lectura en Portugués  (luns alternos de 18:00 a 19:00 h). Coordina Marta Isabela Bogado. Datas: 7 e 21 de abril.   
  
- Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.). Coordina Victor Machín. Datas: 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio.

 - Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h). Coordina Santiago Eizaguirre. Datas: Todos os mércores.

Novembro 2013 - maio  2014: "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"

                                
Durante todo o ano: Visitas á Biblioteca, previa concertación de cita.


Faino ti! Charla/Obradoiro

 Día 31 de marzo as 18:00, charla-obradoiro na sala de obradoiros: "Electricidade, os meus primeiros pasos no fogar", a cargo de Anxo Telmo 

Entrada libre



mércores, 26 de marzo de 2014

"Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz". Letras Galegas 2014. Exposición

Do 26 de marzo ao 14 de abril: "Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz". Letras Galegas 2014.
Exposición Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con Galaxia/Merlín Comunicación, Nimbos de luz percorrerá Galicia ao longo de 2014 para dar a coñecer a vida e a obra de Díaz Castro.



A exposición está comisariada por Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo, estudosos da obra do autor lugués. Dun xeito divulgativo, para todos os públicos, preséntase o percorrido vital que o levou de Guitiriz a Mondoñedo, pasando por Vilagarcía de Arousa e 
Madrid.

-14 paneis temáticos
- Multimedia con auriculares, co documental "O instante eterno"
- Vitrinas con obxectos persoas e  mostras bibliográficas
- Folletos co resumo do contido da exposición

Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 horas, sábados de 10 a 14 h.

Faino ti! Charla/obradoiro

Día 28 de marzo, venres,  na sala de obradoiros da Biblitoca Pública de Pontevedra as 18:00 h, charla/obradoiro : "Aproximación divertida e didáctica ao noso patrimonio arqueolóxico a través da artesanía",  acargo María Martín (Lerole)

Entrada libre




Faino ti! Charla/obradoiro

  - Xoves Día 27 de marzo, na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra as 18:00 h. charla/obradoiro  "Fofuchas ou como facer bonecas con goma eva", a cargo de Andrea Trepat



      

Faino ti! Charla obradoiro

 - Día 26 de marzo as 18:00 na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra, charla/obradoiro : "Como pintar a nosa casa, primeiros pasos", a cargo de Fernando Dobarro


xoves, 20 de marzo de 2014

Centro de Interese "Cociñando Contos"


Do 15 de marzo ao 5 de abril "Cociñando contos na Biblioteca Pública de Pontevedra"

Centro de interés con motivo do XV Salón do Libro Infantil e  Xuvenil de Pontevedra. Do 15 de marzo ao 5 de abril  na sala infantil (1º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra. Selección de contos.







22 de marzo, nova sesión do Obradoiro de animación a lectura "Descubre o Tesodo dos Contos", en conmemoración do Día da Poesía. 2º e 4º sábado dos meses de febreiro, marzo e aril, de 12 a 13 h.

 Apetéceche que che conten un conto? 



Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do río e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os  contos  das leiras e  montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...

Se tés entre 6 a 9 anos, embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril  o 2º e  4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.

Datas: 2º e 4º sábado de febreiro a abril
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra.



Guia de Poesía para nenos de 3 a 8 anos

Material de apoio para fomentar a lectura na infancia

Dinamizar entre os máis novos a lectura do xénero poético é o obxectivo principal da Guía de poesía, un material de apoio para as persoas adultas que traballan no fomento da lectura na infancia promovido pola Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia e pola Secretaría Xeral de Cultura.
Esta ferramenta dixital ten como finalidade facilitar e apoiar o labor do persoal bibliotecario que realiza funcións de animación á lectura, dos técnicos culturais habituais da dinamización de bibliotecas e ludotecas, dos mestres de educación infantil e primeiro ciclo de primaria que o queiran empregar nas aulas, e, naturalmente, dos pais e nais ou coidadores que desexen afrontar a lectura acompañada dos máis pequenos con fórmulas e xogos que lles permitan introducilos na descuberta da poesía dunha maneira entretida.




Con esa vocación nace esta primeira Guía de poesía, para o traballo con nenos e nenas de 3 a 8 anos, vinculada ao programa de dinamización da lectura nas bibliotecas Ler conta moito.

A través dunha escolma de textos e diversas propostas de traballo, búscase espertar o interese dos máis novos pola poesía dun xeito lúdico e atractivo.


21 de marzo, venres: Contos para bebés “Os contos de chupete”, a cargode Migallas (Especial Día Internacional da Poesía, 21 de marzo)

Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.




Público destinatario: Bebés (0-3 anos)
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Con inscripción e recollida de invitacións

As inscricións a partir do 10 de marzo, luns, no correo electrónico: 
biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h.
As invitaciones recolleranse na terceira planta polas mañanás (De 9:00 a 16:00) ou na infantil, polas tardes (De 16:00 a 21:00) e sábados (De 10:00 a 14:00)

25 bebés cun adulto. Entrada de balde

xoves, 13 de marzo de 2014

14 de marzo, venres: Obradoiro de banda deseñada (Cómic) “Coñécete a través dos cadriños”, a cargo de Xosé Tomás.


Sinopse: Coñécete a través da banda deseñada: crea personaxes baseados na túa realidade. Inventa guións sobre a túa vida, e vive a túa propia historia entre cadriños

Público destinatario: Xuvenil, a  partir de 12 anos. 
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30

Con inscripción previa

Venres do 14 de marzo de 19:00 a 20:00 h. "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extanxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra

Os venres do 14 de febreiro ao 16 de maio de 19:00 a 20:00 h. "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extanxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra



Se queres familiarizarte coa lingua e a cultura española dun xeito ameno e divertida, podes participar nas nosas "Tardes de conversación en español para extranjeros" enfocadas cara á comunicación cotiá para desenvolverse na vida diaria e coordinadas pola nosa voluntaria Beatriz Araújo.



martes, 11 de marzo de 2014

14 de marzo, venres: Obradoiro de banda deseñada (Cómic) “Cóñecete a través dos cadriños”, a cargo de Xosé Tomás.

14 de marzo, venres: Obradoiro de banda deseñada (Cómic) “Cóñecete a través dos cadriños”, a cargo de Xosé Tomás.

Sinopse: Coñécete a través da banda deseñada: crea personaxes baseados na túa realidade. Inventa guións sobre a túa vida, e vive a túa propia historia entre cadriños

Público destinatario: Nen@s a partir de 12 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30


Con inscrición previa, a partir do 3 de marzo, luns,  no correo electrónico:
biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (15 prazas)

Entrada de balde

luns, 3 de marzo de 2014

7 de marzo, venres: Contos + debuxo "En Macondo non paraba de chover" , a cargo de Polo Correo do Vento

7 de marzo, venres: "En Macondo non paraba de chover" Contos + debuxo, a cargo de Polo Correo do Vento

Contos + debuxos para os másis pequenos en homenaxe a García Márquez.

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo













Centros de interese Infantil - Do 24 de febreiro ao 10 de marzo: "Un Entroido cheo de libros"

Centros de interese

- Do 24 de febreiro ao 10 de marzo: "Un Entroido cheo de libros"Disfraces, filloas, orellas, Ravachol... e porqué non, "libros". E con eses libros chega o Entroido á Biblioteca. Centro de interés con unha interesante selección de libros na sala infantil (1º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra.

Centros de Interese - "Todos os días son 8 de marzo. 8 de marzo, día internacional da muller

Centros de Interese

"Todos os días son 8 de marzo. 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Na sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra, do 3 ao 20 de marzo. Interesante selección de literatura, ensaios, música e películas coa muller como protagonista.

En 1975 a ONU comezó a celebrar o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller

O lema do Día Internacional da Muller 2014 é "Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s".




Mesa Redonda "Tour Pequeños Editores. Primavera 2014".



Cociña, ratos, cultura e emocións nos álbums ilustrados.

Mesa redonda organizada por LIBRARÍA SEIJAS cos editores "A Bueno Paso", "Ekaré" e "Thule".

Un aperitivo do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra dedicado á cociña nos libros.

Data: 4 de marzo, ás 18:30 h.
Lugar: Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra