xoves, 20 de marzo de 2014

22 de marzo, nova sesión do Obradoiro de animación a lectura "Descubre o Tesodo dos Contos", en conmemoración do Día da Poesía. 2º e 4º sábado dos meses de febreiro, marzo e aril, de 12 a 13 h.

 Apetéceche que che conten un conto? 



Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do río e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os  contos  das leiras e  montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...

Se tés entre 6 a 9 anos, embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril  o 2º e  4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.

Datas: 2º e 4º sábado de febreiro a abril
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...