luns, 7 de abril de 2014

10 e 11 de abril, xoves e venres: Obradoiro “Recursos educativos parapais con fillos entre 3 a 6 anos

Obradoiro “Recursos educativos para pais con fillos entre 3 a 6 anos"




Este obradoiro constará de dúas sesións:

1ª sesión: Xoves, 10 de abril
Público destinatario: Pais  (sen fillos)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:30 a 19:30
Obxectivos: 1. Dar pautas aos pais de como comportarse cos nenos á hora de poñer os recursos educativos da web nas súas mans. 2. Explicar e amosar o seu uso cunha selección de recursos gratuítos dispoñibles na Internet que poden ser de utilidade á hora de educar aos seus fillos. 3. Indicar aos pais os recursos de libros físicos da biblioteca.

2ª sesión: Venres, 11 de abril
Público destinatario: Pais cos seus fillos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:30-19:00
Obxectivo: Fomentar o xogo entre pais e fillos. (Se fará unha demostración)

Con inscrición previa, a partir do 31 de marzo, luns no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (15 prazas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...