mércores, 30 de abril de 2014

Do 6 ao 11 de maio a Biblioteca Pública de Pontevedra na Feira do Libro de Pontevedra. Visita o noso stand!!

Presenza da Biblioteca nos actos culturais da cidade. Feria do Libro 2014




A Biblioteca contará cun stand para presentar a todos os visitantes parte da súa colección, levando unha representación de todos os formatos existentes na biblioteca e para todas a idades. Os visitantes poderán informarse sobre os servizos e das actividades que a biblioteca ofrece, xa se persoalmente a través do noso persoal presente no stand ou a través de dípticos informativos. Tamén se ofrecerá aos usuarios a posibilidade de facerse socio da biblioteca na mesma Feira do Libro.

Entre as actividades que ofrecerá a Biblioteca do 6 a 11 de maio poderemos encontrar:

-Club de lectura:
"Club de Lectura en Galego" presencial na Feira o mércores as 20:00 h. O resto dos clubs (Castelán, inglés, Portugués e Francés) serán invitados a visitar a feira.

-Visitas á Feria do Libro dentro do “Programa de Formación de Usuarios e Animación a Lectura para Centros Escolares” da biblioteca. As actividades faranse na carpa e despois pasarán polo stand para ver os libros...


  • Mércores, 7. Nenos de 6-8 anos. Colexio Inmaculada (Marín). De 10 a 11 h.
  • Mércores, 7.  Nenos de 6 a 8 anos. Colexio Inmaculada (Marín). De 11:15 a 12:15 h.
  • Xoves, 8.  “A Cebra Camila”.  Nenos 5 anos. CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra). De 11a 12 h.
  • Xoves, 8.  “A Cebra Camila”. Nenos 4 anos. CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra). De 12 a 13 h.
  • Venres, 9. “A Cebra Camila”. Nenos 5 anos. CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra). De 11a 12 h.

-Contacontos:




• Venres, as 18:00 h.  Contacontos a cargo de Beatriz Campos "Contos nas orellas". para nenos a partir de 3 anos. A actividad farase na carpa e despois pasarán polo stand para ver os libros...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...