luns, 23 de xuño de 2014

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Xullo 2014

INFANTIL

Obradoiros de verán impartidos por Anias. Inscrición previa ata ocupar as prazas, en información da biblioteca a partir do 16 de xuño, en horario de 9 a 14h. Máis información no tfno. 986 850 838.


*Obradoiro de creatividade teatral (contos dramatizados) Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. Os martes 8, 15, 22 e 29 de xullo das 11:00 h ás 12:30 h.

Neste obradoiro os nenos e as nenas, a través da improvisación e o xogo dramático, terán a oportunidade de recrear aos personaxes dos seus contos favoritos e ser os verdadeiros protagonistas dunha historia inventada por eles mesmos a través da súa imaxinación e fantasía.

*Obradoiro de contos en inglés Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. Os martes 5, 12, 19 e 26 de agosto das 11:00 h ás 12:30 h.

Un obradoiro interactivo para motivar ao ne no/a a falar en inglés dunha maneira sinxela, amena e divertida a través da audición oral de contos, imaxes, cancións e pequenas manualidades que lle axuden a familiarizarse e reforzar o vocabulario.

*Obradoiro de expresión e improvisación teatral. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 10, 17, 24 e 31 das 11:00 h. ás 12:30 h.

Traballaremos a expresión e a improvisación teatral como unha ferramenta de xogo, alimentando deste xeito a creatividade e a imaxinación dos nenos e nenas, facendo fincapé no traballo de voz e corpo como xeito de expresión.

Nesta actividade non so garantimos entretemento, descubriremos tamén o teatro coma xogo. Crear todo aquilo que sexan capaces de imaxinar e levalo a escena dentro dun contexto de traballo en equipo.

*Obradoiro de introducción á astronomía. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 7, 14, 21 e 28 de agosto das 11:00 h. ás 12:30 h.

Ensinar Astronomía pode parecer fóra do alcance dos nenos e das nenas, non obstante, os elementos máis básicos desta, como o día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, son parte da súa experiencia diaria. Cremos que é interesante mostrarlles a marabilla do Universo na que estamos inmersos e observar os fenómenos naturais do mesmo xeito que os nosos antepasados os coñeceron e gozaron.


ADULTOS



“Obradoiro de Memoria”:  “ACTIVA A TÚA MENTE”



Os mércores 2, 9, 16, 23 e 30 de xullo, na Biblioteca de Pontevedra activa a túa mente con actividades de memoria, linguaxe, percepción, cálculo…, a cargo de Paula Riobó voluntaria do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia


Para persoas da 3ª idade que queiran exercitar a súa mente.


Dispoñibles 15 prazas.


HORARIO: 11:00 a 12:30 h Lugar: Sala de Obradoiros da biblioteca.


Inscrición previa ata ocupar as prazas, en información da biblioteca a partir do 18 de xuño, en horario de 9 a 14h, Por teléfono no 986850838 ou por correo electrónico na seguinte dirección biblio.publica.pontevedra@xunta.es.


Centros de Interese

*13 de xuño-13 de xullo: Brasil máis que futbol
*Guías de viaxe
*15 de julio-15 agosto: Auga para todo

Durante todo o ano: Visitas á Biblioteca, previa concertación de cita






Confererencia-obradoiro sobre" Presuposto familiar e prevención do endebedamento"

Confererencia-obradoiro sobre" Presuposto familiar e prevención do endebedamento" a cargo de ADICAE. 

Martes 24 xuño de 19 a 20:30

Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra
Entrada Libre




xoves, 19 de xuño de 2014

“ACTIVA A TÚA MENTE”, obradoiro de memoria.

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha un “Obradoiro de Memoria”: 

“ACTIVA A TÚA MENTE”


Os mércores 2, 9, 16, 23 e 30 de XULLO, na Biblioteca de Pontevedra activa a túa mente con actividades de memoria, liguaxe, percepción, cálculo…

Para persoas da 3ª idade que queiran exercitar a súa mente.

Dispoñibles 15 prazas.

HORARIO: 11:00 a 12:30hLugar: Sala de Obradoiros da biblioteca.

Inscrición previa ata ocupar as prazas, en información da biblioteca a partir do 18 de xuño, en horario de 9 a 14h , 
Por teléfono no 986 850 838 ou por correo electrónico na seguinte dirección biblio.publica.pontevedra@xunta.es.

venres, 13 de xuño de 2014

Obradoiros de verán 2014. Biblioteca Pública de Pontevera

Obradoiros de verán impartidos por Anias. Inscrición previa ata ocupar as prazas, en información da biblioteca a partir do 16 de xuño, en horario de 9 a 14h. Máis información no tfno. 986 850 838.


Obradoiro de creatividade teatral (contos dramatizados) Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. Os martes 8, 15, 22 e 29 de xullo das 11:00 h ás 12:30 h.

Neste obradoiro os nenos e as nenas, a través da improvisación e o xogo dramático, terán a oportunidade de recrear aos personaxes dos seus contos favoritos e ser os verdadeiros protagonistas dunha historia inventada por eles mesmos a través da súa imaxinación e fantasía.

Obradoiro de contos en inglés Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. martes 5, 12, 19 e 26 de agosto das 11:00 h ás 12:30 h.

Un obradoiro interactivo para motivar ao ne no/a a falar en inglés dunha maneira sinxela, amena e divertida a través da audición oral de contos, imaxes, cancións e pequenas manualidades que lle axuden a familiarizarse e reforzar o vocabulario.

Obradoiro de expresión e improvisación teatral. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 10, 17, 24 e 31 das 11:00 h. ás 12:30 h.

Traballaremos a expresión e a improvisación teatral como unha ferramenta de xogo, alimentando deste xeito a creatividade e a imaxinación dos nenos e nenas, facendo fincapé no traballo de voz e corpo como xeito de expresión.
Nesta actividade non so garantimos entretemento, descubriremos tamén o teatro coma xogo. Crear todo aquilo que sexan capaces de imaxinar e levalo a escena dentro dun contexto de traballo en equipo.

Obradoiro de introducción á astronomía. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 7, 14, 21 e 28 de agosto das 11:00 h. ás 12:30 h.

Ensinar Astronomía pode parecer fóra do alcance dos nenos e das nenas, non obstante, os elementos máis básicos desta, como o día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, son parte da súa experiencia diaria. Cremos que é interesante mostrarlles a marabilla do Universo na que estamos inmersos e observar os fenómenos naturais do mesmo xeito que os nosos antepasados os coñeceron e gozaron.

xoves, 12 de xuño de 2014

Maxia e contos a cargo de Leo Leiriño, o venres 13 de xuño.

Maxia e contos a cargo de Leo Leiriño o venres 13 de xuño na sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra para rematar os " venres de conto" e volver no outono.
Data: 13 de Xuño, venres
Lugar: Sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra
hora: 18:00 h
Público: a partir de 3 anos