venres, 13 de xuño de 2014

Obradoiros de verán 2014. Biblioteca Pública de Pontevera

Obradoiros de verán impartidos por Anias. Inscrición previa ata ocupar as prazas, en información da biblioteca a partir do 16 de xuño, en horario de 9 a 14h. Máis información no tfno. 986 850 838.


Obradoiro de creatividade teatral (contos dramatizados) Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. Os martes 8, 15, 22 e 29 de xullo das 11:00 h ás 12:30 h.

Neste obradoiro os nenos e as nenas, a través da improvisación e o xogo dramático, terán a oportunidade de recrear aos personaxes dos seus contos favoritos e ser os verdadeiros protagonistas dunha historia inventada por eles mesmos a través da súa imaxinación e fantasía.

Obradoiro de contos en inglés Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. martes 5, 12, 19 e 26 de agosto das 11:00 h ás 12:30 h.

Un obradoiro interactivo para motivar ao ne no/a a falar en inglés dunha maneira sinxela, amena e divertida a través da audición oral de contos, imaxes, cancións e pequenas manualidades que lle axuden a familiarizarse e reforzar o vocabulario.

Obradoiro de expresión e improvisación teatral. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 10, 17, 24 e 31 das 11:00 h. ás 12:30 h.

Traballaremos a expresión e a improvisación teatral como unha ferramenta de xogo, alimentando deste xeito a creatividade e a imaxinación dos nenos e nenas, facendo fincapé no traballo de voz e corpo como xeito de expresión.
Nesta actividade non so garantimos entretemento, descubriremos tamén o teatro coma xogo. Crear todo aquilo que sexan capaces de imaxinar e levalo a escena dentro dun contexto de traballo en equipo.

Obradoiro de introducción á astronomía. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 7, 14, 21 e 28 de agosto das 11:00 h. ás 12:30 h.

Ensinar Astronomía pode parecer fóra do alcance dos nenos e das nenas, non obstante, os elementos máis básicos desta, como o día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, son parte da súa experiencia diaria. Cremos que é interesante mostrarlles a marabilla do Universo na que estamos inmersos e observar os fenómenos naturais do mesmo xeito que os nosos antepasados os coñeceron e gozaron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...