xoves, 14 de agosto de 2014

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Agosto de 2014

INFANTIL



Obradoiros de verán impartidos por Anias. 



*Obradoiro de contos en inglés Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. Os martes 5, 12, 19 e 26 de agosto das 11:00 h ás 12:30 h.

Un obradoiro interactivo para motivar ao ne no/a a falar en inglés dunha maneira sinxela, amena e divertida a través da audición oral de contos, imaxes, cancións e pequenas manualidades que lle axuden a familiarizarse e reforzar o vocabulario.





*Obradoiro de introducción á astronomía. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 7, 14, 21 e 28 de agosto das 11:00 h. ás 12:30 h.

Ensinar Astronomía pode parecer fóra do alcance dos nenos e das nenas, non obstante, os elementos máis básicos desta, como o día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, son parte da súa experiencia diaria. Cremos que é interesante mostrarlles a marabilla do Universo na que estamos inmersos e observar os fenómenos naturais do mesmo xeito que os nosos antepasados os coñeceron e gozaron.




*15 de xulloo-15 agosto: Auga para ler e saber




Sala Infantil


ADULTOS


Centros de Interese

*15 de xulloo-15 agosto: Auga para todo.

A auga é un recurso fundamental, trátase dunha realidade evidente e incuestionable. Pero igual de certo é que se trata dun recurso escaso e da cantidade de auga de que dispoñemos dependen moitas cousas na nosa vida, entre elas o desenvolvemento económico. Como coa maior parte das cousas da vida, parece que non valoramos a relevancia dalgúns recursos ata que non os temos tan dispoñibles como esperamos, algo que evidentemente tamén pasa coa auga, un ben ao que todos temos dereito.




Muíños, chuvia, embarcacións, ríos, pegada hídrica e mil cousas máis. Con este centro de interese queremos concienciar aos nosos usuario da importancia dun ben ao que todos temos dereito.

No hall de entrada (sala de exposicións) e sála de préstamo

*16 de Agosto-15 de setembro: O viño e a viña

As cinco denominacións de orixe galegas : Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras serán o eixo deste centro de interese que se fará na biblioteca. A partir dalgún libros xerais sobre enoloxía e o cultivo da viña, e dun plano de Galicia no que se sinalarán as áreas nas que se dan as denominacións de orixe, farase un percorrido por cada una destas zonas (xeografía, historia, turismo, rutas e monumentos e por suposto, viño e viñas)

No hall de entrada (sala de exposicións) e sála de préstamo

Durante todo o ano: Visitas á Biblioteca, previa concertación de cita