mércores, 3 de setembro de 2014

I Concurso de Relato Breve 

Convoca: Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"



Bases da convocatoria

Tema:

O mundo do libro en todas as súas vertentes.

Obxectivo:

O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Participantes:

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.

Criterios de valoración:
  • ·     Orixinalidade no tratamento da temática proposta e no emprego de técnicas e figuras literarias.
  • ·     Uso correcto da gramática e da ortografía.
Condicións de presentación das obras:
  • Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)
  • A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5.
Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:
  • ·    Depositándoos no lugar habilitado no mostrador de préstamo do segundo andar da Biblioteca. O relato presentarase sen asinar e cun pseudónimo, introducirase nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).

  • ·    Enviándoos á Biblioteca por correo ordinario nun sobre sen remitente no que conste "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo". Nel incluirase o relato breve e outro sobre pechado cos datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).
Prazo:

O prazo de presentación vai dende o día 1 de setembro ata o 4 de outubro.

Premios:
  •  1º premio: lote de libros.
  •  2º premio: lote de libros.  
  •  3º premio: lote de libros.
Ademais os tres traballos serán difundidos na rede a través da biblioteca.

Xurado:
  • Presidenta: A Directora da biblioteca.
  • Vogais: un técnico da biblioteca e un profesional da literatura o do mundo libreiro.
  • Secretario: un usuari@ da biblioteca.
Resolución e entrega de premios:

A resolución do xurado farase pública o mércores 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...