martes, 4 de novembro de 2014

Novembro mes da ciencia!!. Exposición: "Areas mariñas protexidas", na Biblitoeca Pública de Pontevedraa do 1 ao 15 de novembro.


Novembro mes da ciencia!!

Exposición na Biblitoeca Pública de Pontevedraa do 1 ao 15 de novembro "Areas mariñas protexidas", elaborada polo CEIDA ( Centro de Extendión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). 


Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu “ilimitado” poder de asimilación de residuos (vertidos, mareas negras, produtos químicos, etc.).

Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños. 

Na busca da figura de protección máis efectiva, entre unha amálgama de siglas e denominacións (a escala local, nacional, comunitaria e internacional), destaca uno novo concepto: as Áreas Mariñas Protexidas. 

A exposición itinerante “Áreas Mariñas Protexidas”, elaborada polo CEIDA, contribúe a comprender mellor e divulgar o seu significado. Esta exposición está a percorrer Galicia para que todos teñamos a oportunidade de aprender con ela.

máis información: http://www.ceida.org/amp/