Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2015

Exposición Ilustracións orixinais do álbum ilustrado “Maruxa” editado por OQO (Mafalda Milhoes)

Imaxe
XVI Salón del Libro Infantil e Xuvenil. Da Ciencia á Ficción.




Exposición Ilustracións orixinais do álbum ilustrado “Maruxa” editado por OQO (Mafalda Milhoes)

(Do 25 de febreiro ao 28 de marzo). Biblioteca Pública Antonio Odriozola. SAla de Exposicións. 




Inauguramos o mércores 25 de febreiro as 19:00

"Maruxa', con texto de Eva Mejuto e ilustracións da portuguesa Mafalda Milhões, é a adaptación dunha canción tradicional polaca "Maryna gotuj pierogi" e forma parte do proxecto "Cociña de Contos. Europa á carta", unha acción de cooperación do programa Cultura 2007-2013 da UE, liderado pola pontevedresa OQO e coparticipado polas editoras portuguesa Bichinho de conto e a polaca Tako.






Entroido 2015. Centro de interese na Sala Infantil

Imaxe
Chegou o Entroido á Biblioteca Pública de Pontevedra. 
Un Entroido cheo de libros!






Entroido 2015. O martes 17 de febreiro pechamos ás 20:00 h

Imaxe
Con motivo da celebración das festas do Entroido, o martes día 17 de febreiro de 2015 na Biblioteca Pública de Pontevedra modificamos a hora de peche e pechamos ás 20:00 h .

O horario de apertura ó público para o martes 17 de febreiro de 2015 seá de 09:00 a 20:00 h.




13 de febreiro, venres: Obradoiro de maxia, a cargo de Leo Leíño

Imaxe
13 de febreiro, venres: Obradoiro de maxia, a cargo de Leo Leíño




Sinopse: Neste obradoiro aprenderemos os nosos primeiros trucos de ilusionismo e faremos unha historia máxica coa nosa baralla de póker. Deixaremos abraiados aos nosos familiares e amigos. Público destinatario: Nen@s de 7 a 12 anos (20 prazas) Lugar: Sala de obradoiros Hora: De 18:00 a 19:30 Con inscripción previa, a partir do 4 de febriero,na entrada da Biblioteca (Información), en horario de 9 a 21 h., por teléfono no 986 850 838 ou por correo electrónico na seguinte dirección: biblio.publica.pontevedra@xunta.es É necesario que cada nen@ traia a súa baralla de póker

Programación Carnaval Pontevedra 2015 /Entroido Pontevedra 2015

Imaxe
Carnaval Pontevedra 2015 /Entroido Pontevedra 2015

28 de enero de 2015
Representación de los carnavales tradicionales
Sábado 31 de enero de 2015: 12.00 horas. Pasacalles das Madamas y Galáns de Cobres.
Sábado 7 de febrero de 2015: 17.00 horas. Pasacalles dos Caretos de Podence. Viernes 13 de febrero de 2015
20.00 horas. Plaza de la Verdura. Degustación de crepes de carnaval.
21.00 horas. Plaza de la Verdura. Urco, rey del Carnaval, llegará a Pontevedra acompañado de su séquito y de las comparsas Amoriños de Bora, Os da Caña, Clave de Sol, Lanas Flores de él Carnaval, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os do Val do Lérez, donde será recibido por el alcalde.
Lectura del pregón a cargo de Amoriños de Bora. Sábado 14 de febrero de 2015
11.00 horas. Pasacalles por el centro histórico de la comparsa Os Canecos.
16.00 horas. Calle Xosé Malvar. Concentración de los participantes en el desfile para realizar la inscripción y recogida del número de participación.
17.00 horas. Desfile del Carnaval. Salida desde …

PASAPORTE DE LECTURA DAS LETRAS GALEGAS. Do 9 de febreiro ata o 14 de maio

Imaxe
Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2015”? É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.
Que teño que facer?            Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2015”, que contén unha selección de obras da literatura galega actual e que estará no segundo andar desde o día 9 de febrero ata o 31 de maio.
Canto dura a actividade?  Dende o 9 de febreiro ata o 14 de maio.
Que fago cando complete o "pasaporte"?  Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 15 de maio ás 18:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.
Cantos pasaportes podo completar?  Non hai número limitado de pasaportes.
Ler ten premio?  Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.