martes, 30 de xuño de 2015

Horario de Verán

Xa é tempo de libros e praia, e na Biblioteca Pública de Pontevedra mañá comezamos co horario de verán!!

mércores, 24 de xuño de 2015

Novas relativas á plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe nas biblioteca públicas de Galicia


A plataforma Galiciale incorpora novos recursos: 

- Incorporación do libro interactivo Loboferoz ao catálogo do libro galego de GaliciaLe. Creado a partir do conto de OQO Editora, Loboferoz ten un formato enriquecido que ofrece funcionalidades como a lectura do propio conto, a visualización dun vídeo animado, a gravación polo lector de escenas teatrais cos personaxes do libro, a elaboración de cómics con eses personaxes ou a resolución de xogos e actividades lúdicas para varios tramos de idade.

Para gozar da interactividade de Loboferoz é preciso descargar o visor OQO, aplicación dispoñible na propia plataforma de libro electrónico GaliciaLe en versións adaptadas para diferentes dispositivos e sistemas operativos (tabletas e teléfonos Android, PCs con Windows, Linux e Mac OS X). O usuario poderá acceder á ligazón de descarga do visor así como ao manual desde a propia ficha do libro en GaliciaLe.

- Acceso a 34 libros da Universidade de Santiago de Compostela, cedidos por esta para a súa incorporación ao catálogo do libro galego de GaliciaLe. Inclúe 27 títulos en galego (obras sobre física, arte, historia etc.) e 7 títulos en castelán relacionados con Galicia (estudos xacobeos, historia de Galicia...).

domingo, 14 de xuño de 2015

OBRADOIROS DE VERÁN 2015 XULLO-AGOSTO

OBRADOIROS DE VERÁN 2015 na Biblioteca Pública de Pontevedra


XULLO

-“Obradoiro Contos en Inglés” para nenos e nenas de 4 a 7 anos , os martes (7, 14, 21 e 28) de xullo de 11:00 a 12:30 h
-“Obradoiro de Banda Deseñada” para nenos e nenas de 8 a 12 anos, os xoves (9, 16, 23 e 30) de xullo de 11:00 a 12:30 h.

AGOSTO

-“Obradoiro de Contos Creativos” para nenos e nenas de 4 a 7 anos, os martes (4, 11, 18 e 25) de agosto de 11:00 a 12:30 h.
-“Obradoiro de Experimentos de Ciencia” para nenos e nenas de 8 a 12 anos, os xoves ( 6, 13, 20 e 27) de agosto de 11:00 a 12:30 h.

A inscrición para estes obradoiros é gratuíta e faise na biblioteca (hai que cubrir unha solicitude). Comeza o 15 de xuño (en horario de 09:00 a 20:30 h.) e remata o completar as prazas. Límite de 3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada. Pódese elixir entre os meses de xullo ou agosto.

Máis información na Biblioteca Pública de Pontevedra, Alfonso XIII, 3 - 36002 Pontevedra, ou no teléfono 986 850 838.