Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September, 2015

25 de setembro, venres: Espectáculo “Camiño de historias”, a cargo de Migallas Teatro

Imaxe
25  de setembro, venres: Espectáculo “Camiño de historias”, a cargo de Migallas Teatro


Sinopse: Espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos lugares do mundo onde se fala galego ou portugués e que abordan dunha maneira amena cuestión como a difusión destas linguas, a interculturalidade e os dereitos humanos.
Público destinatario: Público familiar, a partir de 4 anos. Lugar: Salón de actos Hora: 18:30
Entrada de balde, ata completar aforo

"Pregunte: as bibliotecas responden"

Imaxe
O servizo "Pregunte" www.pregunte.es permite aos cidadáns realizar consultar gratuítas ás bibliotecas participantes no proxecto a través de internet a través de dúas modalidades: correo electrónico e chat. 
"Pregunte: as bibliotecas responden" é un servizo cooperativo entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as Comunidades Autónomas que ten como fin proporcionar recursos de información gratuíto a todos os cidadáns e responder as súas consultas de carácter xeral. 

"Pregunte: as bibliotecas responden"

BASES DO II CONCURSO DEBASES DO II CONCURSO DE RELATO CURTO BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA ANTONIO ODRIOZOLA

Imaxe
Tema: Pontevedra como tema central e non simple contextualización ou pretexto.
Obxectivo: O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.
Participantes: Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.
Criterios de valoración: ·Orixinalidade no tratamento da temática proposta e no emprego de técnicas e figuras literarias. ·Uso correcto da gramática e da ortografía.

Condicións de presentación das obras:
Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.).
O idioma elexido pode ser o galego ou o castelán.
A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5.
Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:
·Depositándoos no lugar h…

CLUBS DE LECTURA 2015-2016

Imaxe
Como todos os anos, a Biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro de 2015 e rematarán no mes de xuño do 2016.
Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.
Se non e usuario terá que solicitar o carné.
- CLUB DE LECTURA EN GALEGO: MARTES alternos, de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas), a partir do 6 de outubro. Coordinadora: Patricia Saavedra. - CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS: LUNS alternos, de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas) a partir do 5 de outubro. Coordinadora: Marta Isabela Mora Bogado. - CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: MARTES alternos, de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas) a partir do 6 de outubro. Coordinador: Víctor Machín. - CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os MÉRCORES, de 17:00 a 18:00 h. (20 prazas), a partir do 7 de outubro. Coordinador: Santiag…

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I, Prof. Domingos Amton García Fernandes

Imaxe
PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I
A filosofía é un saber de segundo grao, que se apoia en saberes de primeiro grao (de modo especial os científicos), dialéctico (traballa con contradicións e inconmensurabilidades), mundano, totalizador (globalizador, holístico, interdisciplinario e non parcelado, mais sen pretensión de ser omniabarcante), teórico e práctico,desenmascarador de ídolos, quebrantador de mitos e ideoloxías, non legalizador do caos. En poucas palabras: un saber integral e non contemporizador co establecido.

Entre os suxeitos a dilucidar: o tránsito das especulacións míticas ás explicacións racionais, lóxicas; os enganos, mentiras, ocultacións, simulacións, doxas, ideoloxías, na caverna de Platón e na nosa; as trampas na argumentación, as falacias máis frecuentes; o home: de animal a fabricación de deuses, ou mellor, dun Deus, o mercado; de corpo e cultura, unha crítica docerebrocentrismo; o pensamento de Karl Marx: alienación, loita de clases, crítica da economía política li…

Curso de Filosofía I: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes

Imaxe
Curso de Filosofía I: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes
Actividade convocada pola Biblioteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Horario: 19’00 – 20'45 (en xoves alternos dende o 1 de outubro de 2015 ata o 16 de xuño).
25  prazas con inscrición previa dende o  luns 7 de setembro:
- Na Biblioteca  de 9:00 a 21: 00 h.  - Por teléfono de 9:00 a 14:00 h. - Por correo electrónico no seguinte enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.es , poñendo no asunto o nome da actividade ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguientes datos: Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.
En calquera caso a biblioteca lle confirmaría a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se usaría o teléfono ou o correo).




Programa Completo: 

Día 1 de outubro. Do mito á filosofía
Día 15 de outubro…