mércores, 9 de setembro de 2015

CLUBS DE LECTURA 2015-2016




Como todos os anos, a Biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro de 2015 e rematarán no mes de xuño do 2016.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

Se non e usuario terá que solicitar o carné.

- CLUB DE LECTURA EN GALEGO: MARTES alternos, de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas), a partir do 6 de outubro. Coordinadora: Patricia Saavedra.
- CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS: LUNS alternos, de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas) a partir do 5 de outubro. Coordinadora: Marta Isabela Mora Bogado.
- CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: MARTES alternos, de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas) a partir do 6 de outubro. Coordinador: Víctor Machín.
- CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os MÉRCORES, de 17:00 a 18:00 h. (20 prazas), a partir do 7 de outubro. Coordinador: Santiago Eizaguirre.

RESERVAS: 10 por cada club.

PRAZO DE INSCRICIÓN:  Do 14 de setembro  ao 25 de setembro (salvo que queden prazas sen cubrir).

FORMAS DE INSCRICION:

  • Na Biblioteca de 9:00 h. a 21:00 h.  
  • Por teléfono de 9:00 h. a 14:00 h. 
  • Por correo electrónico no seguinte enderezo:

biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono de contacto e nº de lector se xa é usuario da biblioteca.

A Biblioteca confirmaralle a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se avisaría por teléfono ou correo eléctrónico).

A inscrición é gratuíta.

*O criterio para a selección de asistentes nos Clubs de Lectura será por orde de chegada (día/hora).

*Só se aceptarán as solicitudes entregadas a partir da data de apertura do prazo. Non se admitirá ningunha solicitude enviada antes das 9:00 h. do día 14 de setembro, data de inicio das inscricións.

*Pódese inscribir cada usuario nun só club de lectura a excepción de que queden prazas sen cubrir. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...