sábado, 5 de setembro de 2015

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I, Prof. Domingos Amton García Fernandes

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I

A filosofía é un saber de segundo grao, que se apoia en saberes de primeiro grao (de modo especial os científicos), dialéctico (traballa con contradicións e inconmensurabilidades), mundano, totalizador (globalizador, holístico, interdisciplinario e non parcelado, mais sen pretensión de ser omniabarcante), teórico e práctico,desenmascarador de ídolos, quebrantador de mitos e ideoloxías, non legalizador do caos. En poucas palabras: un saber integral e non contemporizador co establecido.

Entre os suxeitos a dilucidar: o tránsito das especulacións míticas ás explicacións racionais, lóxicas; os enganos, mentiras, ocultacións, simulacións, doxas, ideoloxías, na caverna de Platón e na nosa; as trampas na argumentación, as falacias máis frecuentes; o home: de animal a fabricación de deuses, ou mellor, dun Deus, o mercado; de corpo e cultura, unha crítica docerebrocentrismo; o pensamento de Karl Marx: alienación, loita de clases, crítica da economía política liberal, o fetichismo da mercadoría e que hai de vixente hoxe na súa teoría; unha contribución á crítica dos nacionalismos: os marcadores identitariose a denuncia das igualacións ficticias; os dereitos humanos como disfrace do capitalismo; diversas teorías antropolóxicas e filosóficas da relixión; os múltiples, ou non tanto, comportamentos morais, que son analizados como inmorais dende a óptica da ética; cuestionar o privado e o público dende a perspectiva do común; considerar se existe realmente a esquerda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...