Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October, 2015
Imaxe

Entrega dos premios do ll Concurso de Relato Breve Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Imaxe
A entrega de premios do  ll Concurso de Relato Breve Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola terá lugar el xoves 29 de outubro as 18:00 h. na sala de Club de Lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra.


1ro. Premio:JAVIER YUSTE GONZÁLEZpolo seu relato titulado "Una mañana de vuelos en la Junquera" 2do. Premio:TAMARA ANDRÉS PADÍNpor "A purificación de Vedra" 3ro. Premio: JORGE REIRIZ SEÑORÁNS por "El año 1880 Perfecto Feijoo Poncet llegaba a Pontevedra..."


Fallo do ll Concurso de Relato Breve Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Imaxe
O xurado reunido o pasado xoves 22 de outubro e tras a lectura dos 15 relatos presentados ao  ll Concurso de Relato Breve Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola declara gañador do 1ro. premio a:
JAVIER YUSTE GONZÁLEZ polo seu relato titulado "Una mañana de vuelos en la Junquera"
E outorga o segundo e terceiro premio a:

2do. Premio: TAMARA ANDRÉS PADÍN por "A purificación de Vedra" 3ro. Premio: JORGE REIRIZ SEÑORÁNS por "El año 1880 Perfecto Feijoo Poncet llegaba a Pontevedra..."

Parabens!!

Concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra acargo da Camerata Arven. Actos conmemorativos polo día das biblitoecas

Imaxe
Hoxe, Xoves, 22 de outubro, as 20:30 horas, dentro dos actos conmemorativos do día das biblitecas, a Biblitoeca Pública de Pontevedra acolle no seu salón de actos o concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra acargo da Camerata Arven, un conxunto de recente creación nacido en Galicia formado por músicos profesionais con experiencia no mundo da interpretación e a docencia, e aos que lles une ante todo a súa paixón pola música de cámara e a ilusión por achegala a todos os públicos.
Para esta ocasión, a Camerata Arvén vai ofrecer rt.na Sociedade Filarmónica de Pontevedra dúas das grandes obras compostas para conxunto de corda e vento, o Noneto en Fa maior op. 31, de Louis Spohr, e o Octeto de Fa maior D 803, de Franz Schube


ACTOS CONMEMORATIVOS PARA O DÍA DAS BIBLITOECAS

Imaxe
*Centro de Interese “Os ratos e os seus amigos celebran o día das bibliotecas”  na sala infantil do 19 ao 31 de outubro,  cunha interesante selección de títulos  de literatura infantil relacionados con el libro, a lectura e as bibliotecas. Presidenta: Pilar Fernández (Directora da biblioteca)Vogais:-Patricias Saavedra (Coordinadora do club de lectura en galego)

*Xoves 22 de outubro. camerata Arven. Concerto
O vindeiro Xoves, 22 de outubro, as 20:30 horas, dentro dos actos conmemorativos do día das biblitecas, a Biblitoeca Pública de Pontevedra acolle no seu salón de actos o concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra acargo da Camerata Arven, un conxunto de recente creación nacido en Galicia formado por músicos profesionais con experiencia no mundo da interpretación e a docencia, e aos que lles une ante todo a súa paixón pola música de cámara e a ilusión por achegala a todos os públicos.

Para esta ocasión, a Camerata Arvén vai ofrecer na Sociedade Filarmónica de Pont…

CAMBIOS NA PLATAFORMA EBIBLIO DE LECTURA DE LIBRO ELECTRÓNICO

Imaxe
GaliciaLe / eBiblio . Outubro 2016        A partir do día 1 de outubro O servizo de préstamo de libros electrónicos e audiolibros eBiblio  (é dicir a parte que alberga os títulos en castelán dentro de GalciaLe), ofrecido pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria en colaboración coas Comunidades e Cidades Autónomas, ha migrado a unha nova plataforma. Migrando desde Libranda, antiga plataforma a ODILO.
Esta nova plataforma ampla as funcionalidades ofrecidas engadindo:
-    Lectura en Kindle mediante streaming -    Utilización da mesma contrasinal para a app de eBiblio e a conta de Adobe Dixital Editions -    Préstamo desde a pantalla de inicio  -    Previsualización de contidos   -    Flexibilidade na devolución dos préstamos incluíndo as descargas con DRM  -    Procura por campos e incorporación de procura avanzada e facetada    -    Posibilidade de compartir comentarios e opinións a través das redes sociais  -    Puntuación de lectura por parte do usuario  -    Enlaces á Wi…

A Praio dos Afogados: O club de lectura en galego vai o cine

Imaxe
Os participantes do club de lectura  en galego da BPP e a súa coordinadora Patricia Saavedra, irán hoxe 14 de outubro as 20:30  a ver a película "A praia dúas afogados"de Gerardo Ferreiro con Carmelo Gómez no papel de Leo Caldas (Multicines Cinexpo - Vialia)



Argumento: Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.

Tarde do venres na Biblitoeca. Sesión de contos con Raquel Queizás: "Mariña. Contos nacidos no mar"

Imaxe
Venres 9 de outubro as 18:00 h. na sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra Sesión de contos con Raquel Queizás "Mariña. Contos nacidos no mar"
Nenos a partir de 3 anos. Entrada libre ata completar aforo

Pechamos por fumigación

Imaxe
O sábado 9 de outubre a Biblioteca Pública de Pontevedra permanecerá pechada por traballos de fumigación das instalacións.



ACTIVIDADES OUTUBRO BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA - INFANTIL

2 de outubro, venres: Sesión de contos “Contos fío a fío”, a cargo de Pavís Pavós
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala infantil Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo

9 de outubro, venres: Sesión de contos “Mariña”, a cargo de Raquel Queizás


Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala infantil Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo
16 de outubro, venres: Obradoiro para adultos“”, a cargo de IMASV

23 de outubro, venres: Sesión de contos “O coelliño branco”, a cargo de Trinketrinke Teatro (Especial “Día da biblioteca, 24 de outubro)
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala infantil Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo
30 de outubro, venres: Contos para bebés “Os contos de chupete”, a cargo de Bea Campos (Migallas)
Sinopse: Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arr…

"Tardes dos venres na Biblioteca": "Contos fío a fīo" a cargo de Pavís Pavós

Imaxe
O venres 2 de Outubro as 18:00 h. "Contos fío a fío", os nosos amigos de Pavís Pavós visitarán a Biblioteca Pública de Pontevedra para compartir con nos as súas  fantásticas historias. 
Nenos a partir de 3 anos..

Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares de Pontevedra e a súa Provincia

Imaxe
1Como cada ano, a Biblioteca Pública de Potevedra lanza o seu "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"
¿Que Centros escolares poden asistir? Centros de Infantil e Primaria de Pontevedra e a súa provincia. ¿Cando ten lugar? As sesións terán lugar os mércores dende novembro ata maio.  ¿Cantas sesións ofrecemos? Cada mércores ofertaranse dúas sesión  para nen@s de infantil e primaria.
            * A primeira delas de 10:00 a 11:00 horas              * A segunda delas de  11:15 a 12:15 horas
¿Cal é  o número recomendado de participantes por sesión?  30 alumnos.

Con inscripción previa, a partir do 1 de outubro 

            *por correo electrónico:  biblio.publica.pontevedra@xunta.es,
            *por teléfono 986 85 08 38 ou 
            *na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h.