xoves, 26 de novembro de 2015

Novembro mes da ciencia: Polímeros para xogar "O Moco Viscoso de Brita a gorila", Obradoiro cientifico.


Polímeros para xogar "O Moco Viscoso de Brita a gorila", da man de QUIMI. 

Este Obradoiro pretende achegar “a Química” dunha maneira divertida aos nenos que participen no Taller, sacar ao científico que levas dentro con  Quimi e os seus experimentos.

1ª parte: QuimiLab (Duración: 1h) .  Polímeros para xogar ?O Moco Viscoso. de Brita a gorila?

2ª parte: Dinámicas (Duración: 30 minutos) “Modelos Moleculares”:
Constrúe un modelo molecular de maneira individual con elementos que che son coñecidos, pero non se pode comer. Ex.: Moléculas: H2O (auga), o CH4 (metano),
Achegar “a Química” dunha maneira divertida aos nenos que participen no Taller.

Na sala de obradoiros dea Biblioteca Pública de Pontevedra as 11:30 h.

Con inscrición previa: COMPLETO  

27 de novembro, venres: Sesión de contos na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola: “Un berce cheo de contos”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00...
Ver más

Programación Do Cineclube Pontevedran para o mes de decembro

O Cineclube Pontevedra continua coa nosa programación no mes de decembro con dúas sesións, o día 1 e mais o día 15, no Ssaló de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola as 19:00 h. 


Long Face (Carvom) e mais A realidade son as propostas para a sesión do día 1, na que contaremos coa presenza do director. Long Face (Carvom) (2014) é a primeira dunha serie de curtametraxes nas que o carballiñés afonda na refilmación de imaxes proxectadas sobre diferentes superficies. A realidade (2012) é un filme-palimpsesto que xira arredor da loita das FARC e dos procesos de paz e que foi realizado a partir de materiais das televisións españolas, da televisión das FARC, do YouTube e de material propio.

A sesión do día 15 dedicarémoslla a Claire Simon, realizadora francesa nada en Londres que segue a liña do cinema directo francés encabezado por Raymond Depardon e que foi a figura homenaxeada na pasada edición do Play-Doc de Tui. En Coûte que coûte (1995), Simon amosa un cinema no que a cámara pegada a un personaxe e o seu día a día real revela feituras de ficción así coma un rigoroso traballo escenográfico cos protagonistas.


Dedicaráselle o mes a dúas figuras de grande interese no panorama internacional: Alberte Pagán (O Carballiño, 1965) e Claire Simon (Londres, 1955).

martes, 24 de novembro de 2015

Gespenster (Alemaña, 2005), drama dirixido por Christian Petzold

Martes 24 as 19:00 nao salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra proxección de Gespenster (Alemaña, 2005), drama dirixido por Christian Petzold. Con Julia Hummer, Sabine Timoteo e Marianne Basler (85 mn).


Unha muller viaxa a Berlín cada ano en busca da súa filla desaparecida en 1989. Un día coñece a Toni (Sabine Timoteo) e a Nina (Julia Hummer). Elas namoráronse a unha da outra rapidamente pero Toni comeza a traizoar a Nina. Despois de ver Francoise (Marianne Basler) a Nina cre que atopou á súa filla secuestrada, pero nin Toni nin o seu marido Pierre (Aurélien Recoing) crena. Nina, en cambio, non sabe o que pensar...

sábado, 14 de novembro de 2015

Do 17 ao 19 de Novembro: ¿Cómo cho digo para que me entendas?. Obradoiro de cine para a infancia a cargo do Cine Club de Pontevedra



Obradoiro recomendado a nenos e nenas de idade comprendidas entre os 6 e os 14 anos que busquen desenvolver o seu potencial expresivo, comunicativo e creativo a través do cine. Viaxaremos ata o século XIX para descubrir as orixes do cine como punto de partida... Falaremos de mago Méliès, que se convirtiu en cineasta, inventor do cine o dos efectos especiais e do cine de ciencia ficción, que converteu o cine en fantasía. Aprenderemos como se realiza algunhas das súas trucaxes. Tomando como leit motiv un dos dereitos fundamentais da infancia, realizarmos o guión da curtametraxe que montaremos  para a súa estrea o xoves 19 de novembro.


Cineclube Pontevedra: "Jerichow" de Christian Petzold (Ciclo Alemaña en Outono: Christian Petzold).

Martes 17 de novembro as 19:00 h. no salón de actos da Biblitoeca Pública de Pontevedra o Cineclube Pontevedra proxecta a película "Jerichow" de Christian Petzold (Ciclo Alemaña en Outono: Christian Petzold).


Tres corpos nun espazo habitado por tensións, inmobilizado, cargado de intensidades que só afloran entre elipses e cortes regulares, que chegan dende a distancia, observados por un ollo clínico. Os tres traballan xuntos, entretéñense. Sobre todo engánanse, humíllanse. O que debuxa este filme é un mundo rexido por unha rigorosa lóxica económica do proveito sexual e monetario, unha cadea de dominios e servilismos, un capitalismo das emocións que só pode conducir á miseria moral e á emerxencia da violencia. Permanencia de Fassbinder.

Dirección e ano: Christian Petzold, 2008
Guión: Christian Petzold
Duración: 93 mi

luns, 9 de novembro de 2015

Cineclube Pontevedra: "Die Innere Sicherheit" (Alemaña, 2000. 106 mn). Dirixida por Christian

O Cineclube Pontevedra continua co seu ciclo "Alemaña no outono: Christian Petzold" coa proxección o martes 10 de novembro as 19:00 h na Biblioteca Pública de Pontevedra de "Die Innere Sicherheit" (Alemaña, 2000. 106 mn). Dirixida por Christian Petzold, guión de Christian Petzold e Harun Farocki, Música de Stefan Will e Fotografía de Hans Fromm


Interpretada por Julia Hummer, Barbara Auer, Richy Müller, Bilge Bingul, Rogério Jacques, Maria João, Noberto Paula, Bernd Tauber, Katharina Schüttler

Xénero: Drama | Terrorismo
Sinopse: Clara e Hans, dous terroristas de esquerdas, foxen da policía desde fai quince anos. Cando a súa filla Jeanne, unha adolescente cada vez máis rebelde, namórase dun raparigo descoñecido, convértese nunha ameaza máis para a seguridade dos seus pais.

Premios do cinema Alemán: Mellor película (2000)