xoves, 26 de novembro de 2015

Programación Do Cineclube Pontevedran para o mes de decembro

O Cineclube Pontevedra continua coa nosa programación no mes de decembro con dúas sesións, o día 1 e mais o día 15, no Ssaló de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola as 19:00 h. 


Long Face (Carvom) e mais A realidade son as propostas para a sesión do día 1, na que contaremos coa presenza do director. Long Face (Carvom) (2014) é a primeira dunha serie de curtametraxes nas que o carballiñés afonda na refilmación de imaxes proxectadas sobre diferentes superficies. A realidade (2012) é un filme-palimpsesto que xira arredor da loita das FARC e dos procesos de paz e que foi realizado a partir de materiais das televisións españolas, da televisión das FARC, do YouTube e de material propio.

A sesión do día 15 dedicarémoslla a Claire Simon, realizadora francesa nada en Londres que segue a liña do cinema directo francés encabezado por Raymond Depardon e que foi a figura homenaxeada na pasada edición do Play-Doc de Tui. En Coûte que coûte (1995), Simon amosa un cinema no que a cámara pegada a un personaxe e o seu día a día real revela feituras de ficción así coma un rigoroso traballo escenográfico cos protagonistas.


Dedicaráselle o mes a dúas figuras de grande interese no panorama internacional: Alberte Pagán (O Carballiño, 1965) e Claire Simon (Londres, 1955).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...