xoves, 17 de marzo de 2016

Novo portal web da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola


A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola como integrante da Rede de Bibliotecas de Galicia tamén estrea web. Para saber máis acerca da biblioteca, para consultar o catálogo, para coñecer as novidades, para participar nas nosas actividades... visita a nosa nova web no enlacehttp://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/


A Xunta pon en marcha o carné único e o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

A Xunta pon en marcha o carné único e o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e presenta tamén os novos portais da Rede de Bibliotecas, da Biblioteca de Galicia e das bibliotecas nodais.

O mércores 16 de marzo, presentouse o novo catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia, daquelas bibliotecas que se incoporaron ao novo software (Koha) e que contempla tanto bibliotecas públicas como de outras institucións.

"As raices do Blues"

O día 18 de marzo ás 19:00 h no salón de actos da Biblioteca Pública Antonio Odriozola recital de poesía acompañado de música e danza:

Título:"As raices do Blues"
Performance: Gabriele Licht
Textos: David Otero
Música: Milosz LAbonsky

"Contos teatralizados"

O venres 18 de marzo especial "Contos teatralizados"


polo Día do Teatro, a cargo de Raquel Queizás ás 18 h na sala de obradoiros da biblioteca.

Público Infantil. Entrada de balde ata completar aforo

xoves, 10 de marzo de 2016

"Rebeca Atencia de misión no congo" a cargo de Polo Correo do Vento


O venres 11 de marzo as 18:00 volve Polo Correo do Vento a Biblioteca Pública de Pontevedra coas súas historias e debuxos esta vez con "Rebeca Atencia de misión no congo"

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...