Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2016

Maio, mes das letras galegas na Biblioteca Pública de Pontevedra

Imaxe
Contos do Cuco 5 de maio, 18:00 h
Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante. Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.

Entrada de balde ata completar aforo Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra
Gran Xogo das Letras Galegas 2016
13 de Maio, 18:00 h Xogo por equipos
A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do día das letras galegas, e os autores homenaxeados ata o memento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María.

25 prazas con inscrición previa, a partir do luns 2 de maio,  na planta baixa da biblioteca (Información) ou por teléfono (886 159 250)  de 9:00 a 20:30 h. Especial Día das Letras Galegas Actividade para nen@s a partir de 6 anos. Horario da actividade das 18:0…

Abril, mes do libro

Imaxe
Venres 9 de abril as 18:00  na Caseta da Biblioteca na Feira do Libro de Pontevedra (Praza da Ferrería) Polo Correo do Vento coas súas historias e beduxos.

Público familiar






“Cocorico en movemento”.  XVII Salón do Libro: “Canta bichería” 
Salón de exposicions da Biblioteca Pública de Pontevedra, do 31 de marzo ao 23 de abril

Na exposición “Cocorico en movemento” o pitiño do conto, con Mamá Galiña e Gato Pelado decidiron dar o salto á gran pantalla. Na Biblioteca poderedes ver os capítulos da serie e os personaxes, escenarios, atrezzo e moitas máis cousas coas que o equipo de OQO filmes creou esta producción de animación en stop-motion.  Animádevos a visitar a expo! Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facerbiscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, una vez pas…