Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June, 2016

Conferencia sobre José María Cao Luaces, a cargo de Siro López

Imaxe
O vindeiro mércores 22 de xuño as 19:00 h. terá lugar na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola una interesante conferencia a cargo do xornalista e debuxante Siro López, quen debuxará a frutífera traxectoria e analizará a calidade técnica de Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina, unha figura que, malia a súa relevancia nas artes plásticas, é aínda escasamente coñecida en Galicia como artista  galego e referente no seu país de adopción, Arxentina.



Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola Data: 22 de xuño, mércores Hora: 19:00

OBRADOIROS DE VERÁN 2016 XULLO-AGOSTO

Imaxe
Como vén sendo habitual durante os meses de xullo e agosto a Biblioteca Pública de Pontevedra  Antonio Odriozola ofrece actividades para os seus usuarios impartidas polos monitores de Anias Formación e Xestión Sociocultural

Xullo 2016
- Obradoiro de modelado e creación de historias 4 a 7 anos Os martes 5, 12, 19 e 26 de xullo 11:00 h a 12:30 h
- Obradoiro de cine 8 a 12 anos Os xoves 7, 14, 21 e 28 de Xullo 11:00 h a 12:30 h
Agosto 2016
- Obradoiro de contos en inglés 4 a 7 anos Os martes 2, 9, 16 e 23 de agosto 11:00 h a 12:30 h
- Obradoiro de robótica lego 8 a 12 anos Os xoves 4, 11, 18 e 25 de agosto 11:00 h a 12:30 h

A inscrición para estes obradoiros é gratuíta e faise presencialmente na biblioteca (hai que cubrir unha solicitude). Comeza o 20 de xuño (en horario de 09:00 a 14:00 h.)  e remata o completar as prazas. Límite de  3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada. Pódese elixir entre os meses de xullo ou agosto.

Máis información na  Biblioteca Pública de Pontevedra (r/Alfonso…

Exposición: José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina.

Imaxe
Exposición promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, e en colaboración co Club de Prensa de Ferrol, a exposción está composta por unha mostra das ilustracións caricaturescas creadas polo artista Xose María Cao Luaces (Cervo, 1862 - Buenos Aires, 1918), gran debuxante galego que contribuíu decisivamente a que a ilustración arxentina eclosionase no final do século XIX e comezos do XX.

Do 14 de xuño ao 9 de xullo de 20115
Horario: De luns a venres de 09:00 a 21:00 / Sábados de 10:00 a 14:00
Sala de exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Actividades Xuño 2016

Imaxe
A cara oculta dos versos do24 de maoi ao 11 de xuño
Exposición de Isabel Pintado ao redor de obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra e Lupe Gómez, entre outros
A cara oculta dos versos é un proxecto expositivo, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, no que a artista Isabel Pintado amosa a súa creatividade sobre 21 libros de poesía de diversos autores e autoras, intervidos como unha homenaxe aos poetas que foron protagonistas das súas lecturas.
Obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra, Yolanda Castaño, Manuel Antonio e Lupe Gómez son algúns dos autores e autoras que están presentes na mostra.

Lugar: Sala de Expisicións da Bibliotec a Pública de Ponrtedra
Hora: De luns a venres de 0900 a 21:00  /  Sábados de 1000 a 14:00

3 de xuño, venres:  Sesión de contos “Atenea na terra”,  a cargo de Raquel Queizás

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de Obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo












10 de xuño, venres: Contos para bebés …