xoves, 16 de xuño de 2016

OBRADOIROS DE VERÁN 2016 XULLO-AGOSTO


Como vén sendo habitual durante os meses de xullo e agosto a Biblioteca Pública de Pontevedra  Antonio Odriozola ofrece actividades para os seus usuarios impartidas polos monitores de Anias Formación e Xestión Sociocultural

Xullo 2016

- Obradoiro de modelado e creación de historias
4 a 7 anos
Os martes 5, 12, 19 e 26 de xullo
11:00 h a 12:30 h

- Obradoiro de cine
8 a 12 anos
Os xoves 7, 14, 21 e 28 de Xullo
11:00 h a 12:30 h

Agosto 2016

- Obradoiro de contos en inglés
4 a 7 anos
Os martes 2, 9, 16 e 23 de agosto
11:00 h a 12:30 h

- Obradoiro de robótica lego
8 a 12 anos
Os xoves 4, 11, 18 e 25 de agosto
11:00 h a 12:30 h

A inscrición para estes obradoiros é gratuíta e faise presencialmente na biblioteca (hai que cubrir unha solicitude). Comeza o 20 de xuño (en horario de 09:00 a 14:00 h.)  e remata o completar as prazas. Límite de  3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada. Pódese elixir entre os meses de xullo ou agosto.

Máis información na  Biblioteca Pública de Pontevedra (r/Alfonso XIII, 3 - 36002 Pontevedra) ou no teléfono 886 159 250

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...