Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September, 2016

Programa de Formación de Usuarios e Animación a Lectura para Centros Escolares 2016-2017

Imaxe
"Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares" 2016-2017  da Biblioteca Pública de Pontevedra


¿Que Centros escolares poden asistir? Centros de Infantil e Primaria de Pontevedra e a súa provincia. ¿Cando ten lugar? As sesións terán lugar os mércores dende novembro ata maio e a súa duración é aproximadamente de 60 minutos ¿Cantas sesións ofrecemos? Cada mércores ofertaranse dúas sesións  para nen@s de infantil e primaria.

            * A primeira delas de 10:00 a 11:00 horas              * A segunda delas de  11:15 a 12:15 horas

¿Cantas sesións pódense reservar? Cada centro escolar poderá reservar ata un máximo de 4 sesións
¿Cal é  o número recomendado de participantes por sesión?  30 alumnos.
Con inscripción previa, a partir do luns 3 de outubro

            *por teléfono 886 159 249 ou
            *na biblioteca de 9 a 14 h. 

Venres 30 de setembro. Performance Poética: Soufflé Eléctrico

Imaxe
"Performance Poética: Soufflé Eléctrico". Poesia, microteatro e música 
Textos de Tael Cae, David Otero e Alberto VidalMúsica de Alfredo Löb e David Otero
Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra
Hora:19:30 h


"Sábados de conversa en español para extranxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra

Imaxe
Se queres familiarizarte coa lingua e a cultura española dun xeito ameno e divertida, podes participarnos nosos  "Sábados de conversación en español para extranjeros=Sábados de conversa en español para extranxeiros" enfocadas cara á comunicación cotiá para desenvolverse na vida diaria e coordinadas pola nosa voluntaria Beatriz Araujo.
Sábados alternos de  outubro 2016- maio 2017, de 12:00 a 13:00 h.





Con inscripción previa, a partir do 19 de setembro en Información na hall de entrada da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou  no  teléfono 886 159 250.
Confirmación da inscripción  tras   entrevista  dos asistentes preseleccionados coa cordinadora do obradoiro.

Actividades Setembro 2016. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Imaxe
01 de Stembro  - 08 de Outubro. II Certame de Relato Curto


A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o terceiro certame de relato curto, co obxectivo de fomentar a creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir comocanle de difusión de novos valores.
As veces xogando todo parece máis sinxelo e divertido, para usar o penico Nano montará un circo

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos. Bases do certame
01- 14 de Setembro.Exposición sobre a vida e a obra do autor homenaxeado coas Letras Galegas 2016
Mostra divulgativa que nos achega de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, o poeta chairego Manuel María. Programada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Manuel María, a mostra percorrerá diferentes localidades de Galicia ao longo de 2016.






16 de Setembro, 18:00.…