xoves, 26 de xaneiro de 2017

Contacontos: “Meiga nova, metade anxo, metade marisco”, a cargo de polo Correo do Vento. Día da Ilustración

27 de xaneiro, venres. Contacontos: “Meiga nova, metade anxo, metade marisco”, a cargo de polo Correo do Vento

Contacontos ilustrado  homenaxe á pintora galega  Maruja Mallo. Pintora surrealista galega da que aprenderemos moitas cousas.


Horario: 18:00
Lugar:  Sala de obradoiros
Destinatarios: nenos e nenas a partir de 3 anos
Entrada libre ata completar aforo

Día da Ilustración 2017. Programación Biblioteca Pública Pontevedra




Do 23-xaneiro ao 20 de febreiro.  CASTELAO : Centro de Interés”

Descrición: centro de interese  que recolle a obra impresa "de" e "sobre" Alfonso Daniel Castelao (30 de enero de 1886, Rianjo-7 de enero de 1950, Buenos Aires, Argentina)




Destinatarios: a partir de 14 anos
Data: 23-xaneiro ao 20 de febreiro de 2017
Horario: de 9:00 a 21:00 h.
Lugar: Sala de Préstamo

Do 23-xaneiro ao  20 de febreiro. “Ilustradores con premio: Mostra bibliográfica”

 



Mostra bibliográfica e centro de interese  que recolle a obra dos artistas galardoados co premio Nacional de Ilustración.
Destinatarios: públio en xeral
Data: 23-xaneiro ao 20 de febreiro de 2017
Horario: de 9:00 a 21:00 h.
Lugar:  Sala de exposicións /  Sala infantil

27 de xaneiro, venres. Contacontos: “Meiga nova, metade anxo, metade marisco”, a cargo de polo Correo do Vento

Contacontos ilustrado  homenaxe á pintora galega  Maruja Mallo. Pintora surrealista galega da que aprenderemos moitas cousas.


Horario: 18:00
Lugar:  Sala de obradoiros
Destinatarios: nenos e nenas a partir de 3 anos
Entrada libre ata completar aforo

mércores, 25 de xaneiro de 2017

"Dominancia en Perros: mito o realidad", a cargo de Iria Sánchez (Educación canina) data e hora: 25 de xaneiro as 19:00 h

Charla enfocada en desvelar varios mitos sobre a dominancia en cans, dando un concepto alternativo con base científica cara a outros modos de exporse a relación entre cans e humanos.
 
Destinada principalmente a propietarios de cans, persoal de tendas de mascotas / clínicas veterinarias, persoal de refuxios caninos, casas de acollida, persoas que desexen incorporar un can á familia.

Lugar: Sala de obradoiros Biblioteca Pública d Pontevedra
Público destinatario: xeral
 Entrada de balde ata completar aforo


mércores, 11 de xaneiro de 2017

Ainoha Fervenza e a cooperativa "Contos no Aire"


14 de xaneiro  sábado: "Observatorio Socioeducativo Inspira" con Inhoa Fervenza  e a cooperativa "Contos no Aire"





















Inhoa Fervenza é integrante del ANPA do IES Sanxenso que promove e desenvolve un proxecto de innovación e creación empresarial en cooperativa por parte de estudiantes de 13 a 14 anos do centro.

Público destinatario: Público xeral
Lugar: Sala de Obradoiros
Hora: 11:00-13:00 h
Entrada de balde, ata completar aforo




martes, 3 de xaneiro de 2017

11 de xaneiro, Día do Usuario/a das Bibliotecas


  • Visita guiada pola biblioteca ás 11:00 h e as 18:30 h
  • Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores  que se acheguen á Biblioteca Pública de Pontevedra a celebrar esta conmemoración. O número de obras en préstamo será o mesmo que a dos Socios de Honra.
  • Nomeamento de tres superlectores adultos e catro superlectores infantís as 18:00 h


- Socio de Honra Adultoata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

Socio de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de Socio de Honra terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario o 11 de xaneiro de 2018.

Serán os nosos Socios de Honra para o ano 2017  os 4 usuarios infantís e 3 adultos con máis préstamos no 2016.

Nomeamento de Socios de Honra: O mércores 11 de xaneiro as 18:00 farase entrega aos Socios de Honra dun diploma e un lote de libros.

O superlector conservará o mesmo carné físico que xa posúe, e non precisa cambialo. Se durante o ano o superlector infantil cumprise a idade de cambio para lector adulto, cambiarase o seu tipo de carné a socio de honra adulto ata finalizar o ano.

ACTIVIDADES XANEIRO 2017. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

13 de xaneiro, venres: Sesión de contos: “Contos para disfrutar”, a cargo de Expresión Producións (Manuel Solla)
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


14 de xaneiro  sábado: "Observatorio Socioeducativo Inspira" con Participa Inhoa Fervenza

Inhoa Fervenza é integrante del ANPA do IES Sanxenso que promove e desenvolve un proxecto de innovación e creación empresarial en cooperativa por parte de estudiantes de 13 a 14 anos do centro.

Público destinatario: Público xeral
Lugar: Sala de Obradoiros
Hora: 11:00-13:00 h
Entrada de balde, ata completar aforo



17 de xaneiro-17 de febreiro: Carmela Lazcano Novoa. Exposición obra pictórica

Público destinatario: Público xeral
Lugar: Sala de Exposicións
Hora: 09:00 a 21:00 h
Entrada de balde

20 de xaneiro, venres:  Sesión de contos “Contos que alimentan”,  a cargo de Raquel Queizás

Sinopse: Bo día!!! Hoxe levanteime con fame de historias, pásame a miúdo...
Os contos alimentan, por todos é sabido, que mellor oportunidade para demostralo que participar nesta degustación. Se queres saber a que saben abre as orellas. Bo proveito!!!

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


25 de xaneiro, mércores: Dominancia en perros ¿Mito o realidade? a cargo de Iria Sánchez García

Charla sobre os mitos na dominancia en cans, dando un concepto alternativo con base científica cara a outros modos de exporse a relación entre cans e humanos, co obxectivo de crear unha base sólida e consistente para unha mellor convivencia

Dirixida a propietarios de cans, persoal de tendas de mascotas/clínicas veterinarias, persoal de refuxios caninos e a todas aquelas persoas que desexen incorporar un can á familia, etc.

Iria Sánchez García exerce actualmente como educadora canina desde o ano 2013 e participa en probas  caninas (BH) para o Ceppa, con moi bos resultados.

Público destinatario: Adultos 
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 19:00  duración 90 min arpox.)

Entrada de balde ata completar aforo

27 de xaneiro, venres:  Sesión de contos + obradoiro de debuxo: “Meiga Nova, Metade Anxo, Metade Marisco: unha homenaxe a Maruxa Mallo”, a cargo de Polo Correo do Vento

(Especial Día da Ilustración, 30 de xaneiro)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo