Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2017

Mércores 22 de febreiro Charla: COMUNICACIÓN CANINA E COMO APRENDEN OS CANS, charla impartida por Iria Sánchez, educadora canina.

Imaxe
O obxectivo da charla é proporcionar as bases para unha a mellor comunicación humano/can xa que ao coñecer a súa linguaxe ábrese unha vía de comunicación para ambos ademais de fomentar o benestar animal e o do núcleo familiar co que convive
Data: Mércores: 22 de febreiro, as 19:00 na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra Dirixido a:  todas as persoas que convivan ou traten con cans. Aforo limitado (25 prazas)
Información e inscrición:
Info@aecamgalaicia.com
Inscrición por teléfono e/ou Whatshap: 667 23 19 74
Charla impartida por Iria Sánchez, educadora canina.Voluntariado Galego

Hoxe 14 de febreiro destacamos... Maxina ou a filla espúrea

Imaxe
Maxina ou a filla espúrea

Otilia de Sancti Petri, unha rapaza de dezaseis anos nada nunha familia burguesa compostelá, tras ser violada, da a luz na casa duns labregos a unha nena á que chama Maxina. Inés e Caitán, os labregos, acabaron criando a Maxina xunto ao seu fillo Ermelio, ata que quedan orfos e pasan a servir noutra casa de labregos. De esa casa sácanos o señorito Salvio e o marqués de Tria-Castela, o primeiro infelizmente namorado de Otilia e o segundo de Maxina, da que non sabe que é a súa neta...


Un argumento fascinante para a considerada como primeira novela contemporánea en galego. Maxina ou a filla espúrea é unha novela romántica, escrita por Marcial Valladares en 1880, con episodios truculentos e un desenlace sorprendente.





Referencia: V-365(36)


Introducción á alimentación de animales Exóticos. Charla a cargo de Roberto Díaz y Fátima María Otero (AECAM)

Imaxe
O próximo sábado dia 11 as 12:00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, terá lugar unha charla de introdución á alimentación de animais exóticos con dous relatores, Roberto Díaz e Fátima Otero de AECAM , a importancia dunha correcta alimentación é un alicerce fundamental para o benestar animal e para a prevención de moitos problemas na saúde destes animais.


Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Imaxe
3 de febreiro, venres “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala de obradoiros Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

Charla de Eusebio Rivero Veiga, OBSERVATORIO SOCIOEDUCATIVO INSPIRA

Imaxe
Eusebio Rivero Veiga es Licenciado en Belas Artes e profesor interino, especialista na aplicación de accións artísticas na formación e creación de conciencia social. Profesor de Educación Plástica, Visual e Audiovisual en diferentes centros, membro dediferentes asociacións socioculturais e de acción, activista en diferentes ámbitos de mobilidade urbana sostible, entre outras moitas cousas...

En educación traballa desde a arte contemporánea na escola, para empoderar aos alumnos/as, creando estratexias para a apropiación do seu espazo. Crear a través da arte espacios cómodos e amables, que sintan desta maneira o centro como propio, como algo que lles pertence.
Trazando proxectos transversais de apropiación que axudan a contrarrestar o mal chamado fracaso escolar e o absentismo.
Axudar ao pensamento crítico contemporáneo a través da arte como forma de coñecemento e resolución de conflitos, usando a creatividade sen coartara nin estimulala, deixándoa estar.
Usando os coñecementos xa adquirido…

Actividades febreiro 2017. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Imaxe
17 de xaneiro-17 de febreiro: Carmela Lazcano Novoa. Exposición obra pictórica
Público destinatario: Público xeral Lugar: Sala de Exposicións Hora: 09:00 a 21:00 h Entrada de balde




3 de febreiro, venres: Sesión de contos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala de obradoiros Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo







4 de febreiro  sábado: "Observatorio Socioeducativo Inspira" con Eusebio Rivero


Charla a cargo de Eusebio Rivero, licenciado en Belas artes e profesor interino, especialista na aplicación de accións artísticas na formación e creación de conciencia social
Público destinatario: Público xeral Lugar: Sala de Obradoiros Hora: 11:00-13:00 h

Entrada de balde, ata completar aforo

10 de febreiro, venres:  Sesión de contos “Historias encontadas”, a cargo de Pavís Pavós
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos