Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2017

Programación do 2 de abril. Día do libro Infantil e Xuvenil.

Imaxe
Actos de celebración:


·Centro de interese “O soldadiño de chumbo” Do 27 de marzo ao 30 de abril na sala infantil.

·   Día 31 de marzo, venres,ás 18:00 h.na Sala infantil:Lectura da mensaxe e difusión do cartel polo Día Internacional  do Libro Infantil. Sesión de contos, a cargo de Bea Campos (Migallas) “O chícharo de Andersen e outros contos” Con cada préstamo un marcapáxinas de regalo.


·Anímate e participa no concurso convocado pola OEPLI (Organización Española Para El Libro Infantil y Juvenil) e as súas seccións, entre elas a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: “Andersen hoxe” http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php Entrega de traballos: ata o día 30 de marzo:Na biblioteca (Información), de 9:00 a 20:30 h., por correo electrónico uo por correo postal .

SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Imaxe
As sesións de formación de usuarios teñen a finalidade de dar a coñecer aos nosos usuarios os recursos que ofrece a biblioteca e como usalos correctamente para o seu mellor aproveitamento.
As  sesións terán 1 hora de duración aproximadamente e terán o seguinte calendario:

MARZO
                 - Mércores 15 ( 18:00 h )
                 - Xoves 23 ( 11:00 h ) ABRIL
                 - Mércores 19 ( 11:00 h )
                 - Xoves 27 ( 18:00 h ) MAIO
                 - Martes 16 ( 11:00 h )
                 - Mércores 24 ( 18:00 h ) XUÑO
                - Martes 13 ( 11:00 h )
                - Mércores 21 ( 18:00  h )
Será necesaria a  inscrición previa, que poderá facerse ata unha hora antes do inicio das sesións no mostrador de información do hall de entrada ou chamando ao teléfono 886 159 250.
Os grupos constarán de 12 persoas como máximo .
Contido das sesións: -Presentación da Biblioteca -Catálogo:como facer úsquedas, bibliografías, opcións da conta persoal… -Galicia Lee, Biblioteca Dixital: prens…

Actividades marzo 2017. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Imaxe
Pasaporte de lectura das letras Galegas 2017. Do 17 de febreiro ata o 16 de maio.
Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2017”? É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.
Que teño que facer?                    Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2017”, que contén unha selección de obras de literatura galega escritas por mulleres e que estará no segundo andar desde o día 17 de febrero ata o 19 de maio.
Canto dura a actividade?  Dende o 17 de febreiro ata o 19 de maio.
Que fago cando complete o "pasaporte"?  Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 19 de maio ás 18:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.
Cantos pasaportes podo completar?  Non hai número limitado de pasaportes.
Ler ten premio?
Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3…

As irmáns Touza

Imaxe
 Lola, Amparo e Julia Touza: tres mulleres galegas que merecen ser recordadas


Galicia, Ribadavia, anos 40. Nun contexto eminentemente rural, xorde a figura de tres mulleres que racha cos clixés dunha época na que o papel da muller se circunscribía básicamente ao contorno familiar.
Lola , Amparo e Julia Touza rexentaban a cantina da estación de ferrocarril de Ribadavia. Mulleres traballadoras, emancipadas, que incluso chegaron a ser nais sen ter que pasar pola vicaría. Sendo isto algo certamente extraordinario na Galicia desa época.

Ninguén sospeitou que baixo esa apariencia sinxela de mulleres rurais se atopaban tres persoas extraordinarias que adicaron o froito do seu traballo a axudar aos viaxeiros que chegaban de maneira clandestina, a fuxir dunha Europa horrorizada pola ameaza da Alemaña nazi.









Para combatir o antisemitismo non fai falla ser xudeu, como para loitar contra o racismo non fai falla ser negro. Lamentablemente, ás veces parece que para combatir a discriminación da muller, …

Hoxe 8 de marzo destacamos... Do gris ao violeta

Imaxe
Do gris ao violeta: achegas á historia das mulleres de Pontevedra

Esta obra recolle unha magnífica historia sobre a outra metade, a que moitas veces se esquece na maior parte dos libros de historia: as mulleres. E máis en concreto as mulleres en Pontevedra desde a Idade Media até a actualidade.

Citando o propio libro:
"Protagonistas silenciosas e silenciadas, suxeitos históricos presentes desde os tempos antigos, na Gallaecia as benefactoras, labregas e viaxeiras; na Galiza medieval as artesáns, menciñeiras, soldadeiras, abadesas e raíñas, pertencen aos colectivos que comezaron a escrita dunha historia negada durante séculos".

María Xesús Lopez Escudero, Carme Vidal, María Victoria Martins Rodríguez, Xosé Alvarez Castro, Montse Fajardo, Ana Cabana Iglesia, Mario Gallego Rei, Ramón Rozas, María Abelleira e Ana Acuña son quen escriben neste libro que sen dúbida axusta contas e gustará a todos os lectores.

Referencia para pedilo na Biblioteca: 316 DOG






Sábado 4 de marzo: "Sentir o mar" , conferncia a cargo de María Bóveda

Imaxe
"Sentir o mar" conferncia a cargo de María Bóveda.  Obsdervatorio Socioeducatvio INSPIRA
Profesora de educación infantil e primaria e co-dinamizadora da iniciativa "Sentir o Mar", na que se desenvolve unha acción integradora e comprensiva da discapacidade visual na aula e fora dela. Cunha experiencia de máis de 25 anos no ámbito da docencia, pública e privada, traballando en escolas rurais nos inicios da súa carreira e moitos deses anos traballando con nenos e nenas de infantil, é una apaixonada da educación a través da acción, a emoción e o significativo. Nunha aposta persoal por levar a súa outra paixón (a navegación a vela tradicional) ao plano da inclusión e a reflexión nas aulas non dubidou en "embarcarse" no ilusionante proxecto "Sentir o Mar": unha oportunidade para achegar a experiencia deste tipo de navegación a persoas con discapacidade visual grave, pero ademáis para facer una profunda reflexión sobre a importancia de comunicar e experime…