mércores, 8 de marzo de 2017

Actividades marzo 2017. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Pasaporte de lectura das letras Galegas 2017. Do 17 de febreiro ata o 16 de maio.

 Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2017”?
É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Que teño que facer?                   
Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2017”, que contén unha selección de obras de literatura galega escritas por mulleres e que estará no segundo andar desde o día 17 de febrero ata o 19 de maio.

Canto dura a actividade?
 Dende o 17 de febreiro ata o 19 de maio.

Que fago cando complete o "pasaporte"?
 Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 19 de maio ás 18:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.

Cantos pasaportes podo completar?
 Non hai número limitado de pasaportes.

Ler ten premio?

Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.


3 de marzo, venres:  Sesión de contos + obradoiro de debuxo: “Figueiriñas que plantei: 180 anos de Rosalía de Castro", a cargo de Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

Sábado 4 de Marzo: "Sentir o mar" conferncia a cargo de María Bóveda. 
Obsdervatorio Socioeducatvio INSPIRA



Sinopse: Profesora de educación infantil e primaria e co-dinamizadora da iniciativa "Sentir o Mar", na que se desenvolve unha acción integradora e comprensiva da discapacidade visual na aula e fora dela.
Cunha experiencia de máis de 25 anos no ámbito da docencia, pública e privada, traballando en escolas rurais nos inicios da súa carreira e moitos deses anos traballando con nenos e nenas de infantil, é una apaixonada da educación a través da acción, a emoción e o significativo.
Nunha aposta persoal por levar a súa outra paixón (a navegación a vela tradicional) ao plano da inclusión e a reflexión nas aulas non dubidou en "embarcarse" no ilusionante proxecto "Sentir o Mar": unha oportunidade para achegar a experiencia deste tipo de navegación a persoas con discapacidade visual grave, pero ademáis para facer una profunda reflexión sobre a importancia de comunicar e experimentar a realidade sendo conscientes de que non sempre é posible facelo con todos os sentidos.

Data: Sábado 4 de marzo de 2017
Hora: de 11:00 A 13:00
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

8 de marzo, mércores-Día da Muller Centro de Interese sobre "As Irmás Touza"

9 de marzo-2 de abril. Exposición: Elisa no mundo das marabillas. Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral). XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra "O MUNDO QUE QUEREMOS"

Público destinatario: Todos os públicos
Lugar: Sala de exposición
Horario: de luns a venres de 9:00 a 21:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 h.








10 de marzo-2 de abril: Centro de Interese "O Mundo que queremos".

Público destinatario: públio familiar
Lugar: SalaInfantil
Horario: de luns a venres de 16:00  a 21:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 h

10 de marzo: Centro de Interese sobre a obra de Luis Landero

Público destinatario: Adultos
Lugar: 2ª Andar
Horario: de luns a venres de  09:00  a 21:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 h

10 de marzo, venres:  Sesión de contos “Elas sempre contan: relatos das miñas escritoras favoritas”,  a cargo de Raquel Queizás

Sinopse: Elas contan, escriben, pintan, imaxinan outros mundo. Mulleres traballadoras que loitan por construir un mundo mellor a través da palabra.
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


17 de marzo, venres: voluntarios

24 de marzo, venres: Sesión de contos: “Contos máxicos”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


31 de marzo, venres: Sesión de contos: “O chícharo de Andersen e outros contos”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

“Especial Día Internacional do Libro Infantil, 2 de abril”
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...