As irmáns Touza


 Lola, Amparo e Julia Touza: tres mulleres galegas que merecen ser recordadas


Galicia, Ribadavia, anos 40. Nun contexto eminentemente rural, xorde a figura de tres mulleres que racha cos clixés dunha época na que o papel da muller se circunscribía básicamente ao contorno familiar.

Lola , Amparo e Julia Touza rexentaban a cantina da estación de ferrocarril de Ribadavia. Mulleres traballadoras, emancipadas, que incluso chegaron a ser nais sen ter que pasar pola vicaría. Sendo isto algo certamente extraordinario na Galicia desa época.


Ninguén sospeitou que baixo esa apariencia sinxela de mulleres rurais se atopaban tres persoas extraordinarias que adicaron o froito do seu traballo a axudar aos viaxeiros que chegaban de maneira clandestina, a fuxir dunha Europa horrorizada pola ameaza da Alemaña nazi.










Para combatir o antisemitismo non fai falla ser xudeu, como para loitar contra o racismo non fai falla ser negro. Lamentablemente, ás veces parece que para combatir a discriminación da muller, é necesario ser muller.” (Soledad Gallego Díaz)
Bibliografía:

Estación libertad : tres hermanas de Galicia ayudaron a escapar a miles de perseguidos por la Gestapo / Emilio Ruiz Barrachina CN RUI est

  Memoria de ferro / Antón Patiño Regueira. 23728

  Lola Touza : la Schindler Gallega 1941-1945 / Vicente Piñeiro GN PIÑ lol

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novembro, mes da ciencia nas Bibliotecas

Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro

OBSERVATORIO SOCIOEDUCATIVO INSPIRA.Conferneica "La Canalla"