Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September, 2017

O debuxante de soños contra a Mala Sorte

Imaxe
O venres 29 de setembro ás 18.00 h. na sala de obradoiros terá lugar a sesión de contos e obradoiro que leva por título: "O debuxante de soños contra a Mala Sorte", a cargo de Polo Correo do Vento.

Entrada de bale ata completar aforo.



Visitas escolares 2017/2018

Imaxe
As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas. 

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola ofrece un servizo de visitas escolares. Estas visitas escolares desenvolveranse en dúas convocatorias por curso. O prazo de inscrición para a primeira convocatoria será en setembro e o da segunda en xaneiro.


O número máximo de sesións (cada sesión ten un máximo de 30 escolares) será de tres por cada colexio.
 Os criterios que rexerán a concesión da visitas, serán os seguintes: Na primeira convocatoria (setembro): Por rigorosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.Na segunda convocatoria (xaneiro):Que non se teña desfrutado de ningunha sesión na primeira convocatoria.Por rigurosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.O programa de sesións dispoñibles no curso 2017/1018 pódense consultar no seguinte enlace: 
http://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/sites/pontevedra/files/doc…

Centro de interese "Festival de Cine de San Sebastián"

Imaxe
Do 22 ao 30 de setembro celebrase a 65º edición do Festival de San Sebastián, un dos mais importantes festivais cinematográficos do mundo. 
Desde a biblioteca achegámosvos unha selección dos filmes gañadores da “Concha de Oro” e “Premio Especial do Jurado”. 
Hai películas para todos os gustos e que tocan todos os temas: dende a crise dunha parella na, xa convertida nun clásico, “Dous na carretera” a os estragos que as guerras causan en “As tartarugas tamén voan”, pasando por unha versión moi persoal dun conto clásico na orixinalísima “Blancanieves”.





Clubs de lectura de Castelán, Inglés, Francés, Galego e Portugués para 2017-2018

Imaxe
A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha A NOVA  ETAPA DOS  CLUBS DE LECTURA.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, francés, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo ou uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector

CLUBS LECTURA  - GALEGO :  Xoves  alternos a partir do día 19 de outubro de 19:00 a 20:00 h.
- INGLÉS :  Martes  alternos  a partir do día 10 de outubro de 19:45 a 20:45 h.
- PORTUGUÉS:  Luns  alternos a partir do día 9 de outubro de 18:00 a 19:00 h.
- CASTELÁN: Todos os mércores a partir do día 11 de outubro de 17:00  a 18:00 h.
- FRANCÉS:  Martes alternos a partir do 17 de outubro de 19:00 a 20:00 h.



As inscricións a partir do 20 de setembro, mércores, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50)  dás 9:00 h ata completar as prazas.

Actividades infantís para setembro

Imaxe
22 de setembro, venres: Sesión de contos: Contos encantados”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla) Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala de obradoiros Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo

29 de setembro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Debuxante de soños contra a mala sorte”, a cargo de Polo Correo do Vento



Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo



Ata sempre Xohana Torres!

Imaxe
En 1931 en Santiago de Compostela naceu unha escritora fundamental na literatura galega, Xohana TorresFernández, que viviu a súa infancia en Ferrol.

EstudouFilosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en 1958 recibiu o primeiro Premio de Prensa de Vigo. Publicou dende ben cedo en revistas como Aturuxo, Vida Gallega ou Vieiros. 

Tras rematar a carreira trasladouse a Vigo onde dirixiu un programa de radio na emisora La Voz de Vigo, "Raíz e Tempo", o primeiro programa cultural en lingua galega tras a guerra civil.

Escribiu entón as súas primeiras obras de teatro. Unha delas, Un hotel de primeira sobre o río, conseguiu o Premio Castelao de teatro en 1966.

En 1971 publicou Adiós, María, a novela coa que gañou o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires. Seguiron diferentes obras e premios como o Pedrón de Ouro ou o Premio á Creación Feminina da Xunta de Galicia.

Outras obras que teñen que ser lembradas son: San Andrés de Lonxe, mitos e ritos; Do sulco; Polo mar va…

IV Certame de Relato Curto

Imaxe

Volvemos ao horario habitual!

Imaxe
Hoxe 1 de setembro a Biblioteca volve a abrir as súas portas no horario habitual.
De luns a venres de 9:00 a 21:00.
Sábados de 10:00 a 14:00
Sala infantil:
De luns a venres de 16:00 a 21:00
Sábados de 10:00 a 14:00
O servizo de préstamo pecha 10 minutos antes do cerre da biblioteca