venres, 16 de outubro de 2015

CAMBIOS NA PLATAFORMA EBIBLIO DE LECTURA DE LIBRO ELECTRÓNICO

GaliciaLe / eBiblio . Outubro 2016           
                                                                                      
A partir do día 1 de outubro O servizo de préstamo de libros electrónicos e audiolibros eBiblio  (é dicir a parte que alberga os títulos en castelán dentro de GalciaLe), ofrecido pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria en colaboración coas Comunidades e Cidades Autónomas, ha migrado a unha nova plataforma. Migrando desde Libranda, antiga plataforma a ODILO.

Esta nova plataforma ampla as funcionalidades ofrecidas engadindo:

-    Lectura en Kindle mediante streaming
-    Utilización da mesma contrasinal para a app de eBiblio e a conta de Adobe Dixital Editions
-    Préstamo desde a pantalla de inicio 
-    Previsualización de contidos  
-    Flexibilidade na devolución dos préstamos incluíndo as descargas con DRM 
-    Procura por campos e incorporación de procura avanzada e facetada   
-    Posibilidade de compartir comentarios e opinións a través das redes sociais 
-    Puntuación de lectura por parte do usuario 
-    Enlaces á Wikipedia con información sobre os autores 
-    Deseño específico para pantallas pequenas (menores de 600 píxeles)

Con todo, nestes momentos as melloras atópanse dispoñibles só para unha parte do fondo debido á limitación dalgúns provedores de contidos / editoriais.

Estas limitacións afectarán ás seguintes funcionalidades que ten a nova plataforma en parte dos contidos que se poñen a disposición dos usuarios a través do catálogo:

-  A posibilidade de lectura en streaming de parte dos contidos. Só se poderá realizar a lectura dos mesmos a través de descarga (DRM de Adobe)
-  A previsualización e  devolución antes de 21 días de parte dos contidos 
-  Os usuarios que tivesen descargados contidos con Adobe previos á migración da plataforma nos seus dispositivos poderán finalizar a súa lectura ata a data de finalización de préstamo, pero non  poderán volver descargalos noutros dispositivos.

Desde el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte se está trabajando para solventar dichas limitaciones y hacerlas extensivas a toda la colección.

O cambio implicará,para todos aqueles usuarios que utilicen a App eBiblio, realizar unha nova instalación da aplicación:  para seguir facendo uso da App eBiblio o usuario terá que borrar a aplicación xa instalda  (App eBiblio Galicia) e facer unha nova instalación, esta vez da App eBiblio Odiolo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...