martes, 26 de setembro de 2017

O debuxante de soños contra a Mala Sorte



O venres 29 de setembro ás 18.00 h. na sala de obradoiros terá lugar a sesión de contos e obradoiro que leva por título: "O debuxante de soños contra a Mala Sorte", a cargo de Polo Correo do Vento.

Entrada de bale ata completar aforo.



Visitas escolares 2017/2018


As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas. 

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola ofrece un servizo de visitas escolares. Estas visitas escolares desenvolveranse en dúas convocatorias por curso. O prazo de inscrición para a primeira convocatoria será en setembro e o da segunda en xaneiro.


O número máximo de sesións (cada sesión ten un máximo de 30 escolares) será de tres por cada colexio.

 Os criterios que rexerán a concesión da visitas, serán os seguintes:
  • Na primeira convocatoria (setembro): 
  1. Por rigorosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.
  • Na segunda convocatoria (xaneiro):
  1. Que non se teña desfrutado de ningunha sesión na primeira convocatoria.
  2. Por rigurosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.
O programa de sesións dispoñibles no curso 2017/1018 pódense consultar no seguinte enlace: 



Centro de interese "Festival de Cine de San Sebastián"



Do 22 ao 30 de setembro celebrase a 65º edición do Festival de San Sebastián, un dos mais importantes festivais cinematográficos do mundo. 

Desde a biblioteca achegámosvos unha selección dos filmes gañadores da “Concha de Oro” e “Premio Especial do Jurado”. 

Hai películas para todos os gustos e que tocan todos os temas: dende a crise dunha parella na, xa convertida nun clásico, “Dous na carretera” a os estragos que as guerras causan en “As tartarugas tamén voan”, pasando por unha versión moi persoal dun conto clásico na orixinalísima “Blancanieves”.
 





martes, 19 de setembro de 2017

Clubs de lectura de Castelán, Inglés, Francés, Galego e Portugués para 2017-2018


A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha A NOVA  ETAPA DOS  CLUBS DE LECTURA.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, francés, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo ou uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector

CLUBS LECTURA 
- GALEGO :  Xoves  alternos a partir do día 19 de outubro de 19:00 a 20:00 h.
- INGLÉS :  Martes  alternos  a partir do día 10 de outubro de 19:45 a 20:45 h.
- PORTUGUÉS:  Luns  alternos a partir do día 9 de outubro de 18:00 a 19:00 h.
- CASTELÁN: Todos os mércores a partir do día 11 de outubro de 17:00  a 18:00 h.
- FRANCÉS:  Martes alternos a partir do 17 de outubro de 19:00 a 20:00 h.



As inscricións a partir do 20 de setembro, mércores, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50)  dás 9:00 h ata completar as prazas.

luns, 18 de setembro de 2017

Actividades infantís para setembro

  • 22 de setembro, venres: Sesión de contos: Contos encantados”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

     

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


  • 29 de setembro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Debuxante de soños contra a mala sorte”, a cargo de Polo Correo do Vento





Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo




mércores, 13 de setembro de 2017

Ata sempre Xohana Torres!



 En 1931 en Santiago de Compostela naceu unha escritora fundamental na literatura galega, Xohana Torres Fernández, que viviu a súa infancia en Ferrol.

EstudouFilosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en 1958 recibiu o primeiro Premio de Prensa de Vigo. Publicou dende ben cedo en revistas como Aturuxo, Vida Gallega ou Vieiros. 

Tras rematar a carreira trasladouse a Vigo onde dirixiu un programa de radio na emisora La Voz de Vigo, "Raíz e Tempo", o primeiro programa cultural en lingua galega tras a guerra civil.

Escribiu entón as súas primeiras obras de teatro. Unha delas, Un hotel de primeira sobre o río, conseguiu o Premio Castelao de teatro en 1966. 

En 1971 publicou Adiós, María, a novela coa que gañou o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires. Seguiron diferentes obras e premios como o Pedrón de Ouro ou o Premio á Creación Feminina da Xunta de Galicia.

Outras obras que teñen que ser lembradas son: San Andrés de Lonxe, mitos e ritos; Do sulco; Polo mar van as sardiñas; Estacións ao mar ou Pericles e a balea.  
 

 







 

venres, 1 de setembro de 2017

IV Certame de Relato Curto







A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o cuarto certame de relato curto, que ten por obxectivo o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Poderán presentar os seus traballos todas as persoas maiores de 16 anos e o tema será libre. O único requisito é que estea contextualizado na Galicia rural.

Cada participante presentará un único relato, que deberá ser orixinal e inédito. O idioma elixido pode ser o galego ou o castelán.

A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e entreliñado 1,5.  

O prazo de inscrición no certame vai dende o día 1 de setembro ata o 10 de outubro de 2017. 

Os premios son:
1º premio: Vale de compra por valor de 120 euros na librería Cronopios .
2º premio: Vale de compra por valor de 60 euros na librería Cronopios.
3º premio: Vale de compra por valor de 30 euros na librería Cronopios.
Ademais os tres traballos serán difundidos pola Biblioteca.

Para máis información poden consultar as bases na propia biblioteca ou no seguinte enlace de Calameo:
                                        

Volvemos ao horario habitual!



Hoxe 1 de setembro a Biblioteca volve a abrir as súas portas no horario habitual.

De luns a venres de 9:00 a 21:00.
Sábados de 10:00 a 14:00

Sala infantil:
De luns a venres de 16:00 a 21:00
Sábados de 10:00 a 14:00

O servizo de préstamo pecha 10 minutos antes do cerre da biblioteca


 

 

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...